spot_img
InicioAlto MinhoMáis de mil ciclistas participarán este domingo na V Eurocidade BTT

Máis de mil ciclistas participarán este domingo na V Eurocidade BTT

mais-de-mil-ciclistas-participaran-este-domingo-na-v-eurocidade-bttEste domingo, 6 de marzo, a Eurocidade Tui-Valença albergará unha das probas máis participativas do ano, a V Eurocidade BTT, que tras pechar o prazo de inscrición o pasado martes, superou todas as expectativas, acadando unha cifra de inscritos superior aos mil participantes.

A Eurocidade Tui-Valença e os compoñentes da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, están pechando os últimos detalles para que o domingo sexa unha espectacular xornada de ciclismo de montaña polos montes de Valença, Gondomar e Tui.

Ás nove horas españolas darase a saída dende a piscina municipal de Valença. Dende aí os mil participantes iniciarán o percorrido polas murallas de Valença, cruzarán a vella ponte internacional, entrarán a Tui en dirección a Areas, Malvas e Pexegueiro. Tras ascender cara ao Monte Tetón, gozarán das vistas do Monte Aloia, para descender polas míticas trialeiras desta marcha. Xa nas rúas de Tui, a partir das 10.30 horas españolas, os ciclistas percorrerán polo Paseo da Corredoira, rúas vellas, paseo fluvial, centro interfederado, e tras cruzar de novo a ponte internacional, os máis preparados, continuarán cara ao Monte Faro, para completar os setenta quilómetros da proba larga. Os menos osados, rematarán os 45 quilómetros nas instalacións da piscina municipal e o pavillón deportivo de Valença, onde poderán gozar dunha ducha quente e do famoso porco ao espeto portugués.

A seguridade da proba correrá a cargo da GNR e da Policía Local de Tui, dos Bombeiros Voluntarios de Valença, da Cruz Vermelha de Valença, da Cruz Vermella Española, e dos máis de cento cincuenta voluntarios da Peña Ciclista Biciosos Rías  Baixas e dos diferentes clubs deportivos locais de Tui e Valença, que colaborarán neste evento deportivo.

O Concello de Tui solicita a colaboración de todos os veciños e veciñas de Tui, para falicitar o tránsito dos ciclistas polas rúas da cidade, e apoiar aos participantes na súa visita pola Eurocidade Tui-Valença.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.