spot_img
InicioVal MiñorBaionaMáis de 80 barcos no Trofeo Príncipe de Asturias máis multitudinario

Máis de 80 barcos no Trofeo Príncipe de Asturias máis multitudinario

Máis de 80 barcos no Trofeo Príncipe de Asturias máis multitudinarioA competición estrela da vela en Galicia, o Trofeo Príncipe de Asturias, volve un ano máis ás augas das Rías Baixas baixo a batuta do Monte Real Club de Yates e a Escola Naval Militar, que a organizan man a man e de forma ininterrompida desde 1986.

Revista COUSAS DE nº14

Trinta e sete primaveras cumpre neste 2022 una das citas máis queridas polos regatistas do noroeste peninsular, á que ninguén quere faltar. Este ano, de feito, será unha das edicións máis multitudinarias. Aínda que a organización limitara a 70 o número de embarcacións que podían participar na regata, nos últimos días viuse obrigada a aumentar a cifra #ante a gran afluencia de tripulacións que solicitaron inscribirse.

Finalmente serán máis de 80 os veleiros que competirán, do 2 ao 4 de setembro, nas tres xornadas de regatas programadas, que terán como escenarios o interior da baía de Baiona, diferentes puntos da ría de Vigo e o fondeadoiro das Illas Cíes.

Das 8 clases que se poñerán en liza (ABANCA ORC 1, Volvo Autesa ORC 2, Aceites Abril ORC 3, Martin Miller ORC 4, Gadis ORC 5, Vanguard OPEN, Solventis J80 e Gestilar Ladies Cup), a dos J80 será a máis numerosa, con máis de 30 unidades chegadas desde diferentes puntos de España. E é que as tripulacións destes veleiros de 8 metros teñen no Príncipe de Asturias a ocasión perfecta para ultimar os seus adestramentos de fronte ao Campionato Nacional que se celebrará a mediados de setembro en Baiona e para seguir estudando as peculiaridades dos ventos, augas e mareas galegas de fronte ao mundial de 2023.

Tras a presentación oficial do evento, este martes no Monte Real Club de Yates, o pistoletazo de saída do trofeo darao o sorteo de barcos da Gestilar Ladies Cup, a competición feminina incluída na competición, que este ano cumpre o seu vixésimo sexta edición. A repartición realizarase o xoves pola tarde no club baionés e alí estarán as patroas das tripulacións participantes, que este ano chegan de Alacante, Mallorca, Madrid, o Pais Vasco e Santander. Xunto co equipo de Baiona, serán un total de seis, con seis regatistas a bordo de seis barcos idénticos.

Os da Gestilar Ladies Cup serán uns dos múltiples trofeos que entran en xogo no Trofeo Príncipe de Asturias, no que tamén se entregarán o Trofeo Presidente da Xunta (ao gañador da Regata Infanta Elena de Coruña, a Mar de Finisterre de Portosín e o Príncipe de Asturias de Baiona); o Trofeo Conde de Barcelona (ao mellor barco con tripulación portuguesa da competición); e o Trofeo Juan Sebastián de Elcano (á mellor tripulación feminina).

Gala dos Premios Nacionais de Vela Terras Gauda

Terras Gauda demostra o seu estreito vínculo cos deportes náuticos co patrocinio dos Premios Nacionais de Vela 2022. A adega suma xa 15 anos de apoio ininterrompido aos galardóns máis prestixiosos desta disciplina, que alcanzan o seu 30 aniversario. Estes premios xurdiron co obxectivo de recoñecer, impulsar e promocionar o labor de deportistas de elite e institucións así como apoiar proxectos que achegan os deportes náuticos ao gran público e garanten o futuro da vela.
A adega destaca o esforzo e a capacidade de superación da que fan gala os regatistas individuais e os equipos recoñecidos en 2022
A entrega de premios da competición celebrarase o domingo 4 de setembro ás seis e media da tarde nos xardíns do Monte Real, e un día antes, o sábado 3 de setembro ás oito da tarde, esa mesma localización albergará a gala dos Premios Nacionais de Vela Terras Gauda, que desde hai 30 anos recoñecen aos mellores deportistas e equipos do panorama náutico español.
O presidente do Grupo Terras Gauda, José María Fonseca Moretón.

Nesta ocasión resultaron premiados o gañador da prestixiosa Transat Jacques Vabre, o cántabro Pablo Santurde (Mellor navegante); as campioas do mundo María Perelló e Marta Cardona (Mellor equipo de vela lixeira); o Teatro Soho Caixabank, armado polo malagueño Javier Banderas e seis veces gañador da Copa do Rey (Mellor barco); o santanderino José María “Pichu” Torcida polas súas vitorias nos campionatos de España e Europa de J70 (Regatista do ano); a iniciativa “Queremos facer historia” liderada pola alacantina Nuria Sánchez (Mellor proxecto feminino); e o programa de divulgación náutica Atando Cabos (Premio Mariano Augado de Comunicación).

A vela adaptada tamén estará competición

Vela transoceánica, lixeira, cruceiro, feminina, de monotipos… e no Príncipe de Asturias tamén terá cabida a vela adaptada, pola que o Monte Real Club de Yates leva anos apostando con cursos e actividades para persoas con diversidade funcional de tipo físico, psíquico e sensorial, nenos con problemas de conduta ou mulleres vítimas de violencia machista. Unha tripulación de ASEM Galicia, a Asociación galega contra as enfermidades neuromusculares, sairá a navegar a segunda e terceira xornada de competición xunto aos barcos da clase Open.

3 días de regatas e máis de 80 barcos rexistrados

E así, con 3 días de regatas en 3 campos diferentes, máis de 80 barcos rexistrados, 8 clases en liza, múltiples trofeos en xogo, un apartado feminino específico, un barco inclusivo, 6 premios nacionais de vela, degustacións, galas e fogos artificiais, entre outras moitas cousas, preséntase o 37º Trofeo Príncipe de Asturias, que un ano máis se celebra baixo a organización do Monte Real Club de Yates e a Escola Naval Militar e grazas ao patrocinio de ABANCA, a Xunta de Galicia a través do Xacobeo, Terras Gauda e Gestilar. A competición conta, ademais, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o concello de Baiona; as Reais Federacións Española e Galega de Vela; e o apoio de empresas como Solventis, Volvo Autesa, Aceites Abril, Zelnova Zeltia, Paradores, Vanguard Marine, Gadis, Foxy, Onda Cero, Musto, o grupo Solitium, OLA, Tuypan, Coca Cola e Martin Miller’s Gin.
- Publicidade -spot_img