spot_img
InicioBaixo MiñoMáis de 60 músicos do Conservatorio de Música de Tui participarán no...

Máis de 60 músicos do Conservatorio de Música de Tui participarán no concerto de Nadal

piano

No evento presentarase o novo piano adquirido polo Concello, un instrumento único en España

Máis de sesenta músicos participarán no tradicional concerto de Nadal do Conservatorio de Música de Tui. A cita dará comezo mañá xoves, 15 de decembro, ás 20:00 horas no Teatro Municipal de Tui, coa apertura de portas ás 19:30 horas, cando os pais e nais do alumnado recollerán as notas do primeiro trimestre. As entradas, de balde, poderán ser recollida polo público en xeral até completar o aforamento.

A música comezará a soar da man dos alumnos da Banda de Música do Conservatorio que interpretarán “First Suite” de Alfreed Reed. A continuación será xa a quenda das actuacións individuais dos alumnos e alumnas coa pianista Ella Cordon, a violinista Alma Giráldez, os saxofonistas Verónica Morais e Nestor Lomba, a pianista Marta Álvarez Coedo, a violinista Julia Rodríguez, o clarinetista Jose Castro e o guitarrista Sergio Alonso. Acompañados ao piano por Beatriz Cristóbal.  Interpretarán pezas de compositores como Vivaldi, Czerny, Bach ou Giampier.

O alumno Diego Santamaría pechará o concerto ao piano coa “Ballade Nº1 op. 23” publicada en 1836 por Frédéric Chopin.

Precisamente neste concerto será presentado o novo piano adquirido polo Concello de Tui no seu compromiso por apoiar á música local. Cos seus máis de 400 quilos de peso, o CX7 de Yamaha trátase dun novo modelo da empresa nipona e do primeiro que chega a España, situando a Tui na vangarda musical. Un instrumento deseñado para lograr unha profunda resonancia, proporcionando unha resposta á interpretación sen precedentes con prolongados sostidos e unha ampla proxección sonora.

O evento estará  coordinado polo director do Conservatorio de Música de Tui, Rubén López e os mestres Jesús González, Gabriel Silvera. En total terá unha duración de hora e 15 minutos nos que o alumnado do Conservatorio dará conta dos coñecementos adquiridos no que vai de curso e encherán o Teatro Municipal de Tui das notas escritas polos grandes mestres da música internacional.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.