Inicio Vigo e área Redondela Máis de 60 deportistas daranse cita en Redondela no III Torneo de...

Máis de 60 deportistas daranse cita en Redondela no III Torneo de esgrima histórica

Máis de 60 deportistas daranse cita en Redondela no III Torneo de esgrima históricaMáis de 60 deportistas de toda España e Portugal daranse cita no pabellón municipal de Redondela “A Bombonera” para competir nas disciplinas de espada medieval e escudo broquel, espada ropera e espada longa. O evento, organizado pola Sala Viguesa de Esgrima Antiga en colaboración coa Concellería de Deportes, arrancará ás 9.00 horas.

A terceira edición do ‘Torneo de esgrima histórica Vila de Redondela’ coverterán este municipio na capital de Galicia da esgrima antiga. Se celebrará o sábado 8 de febreiro, a partir das 9,00h no pavillón de Redondela, coñecido popularmente como ‘A bombonera’ e nel participarán máis de 60 deportistas representando a 15 salas de toda España e Portugal.

O evento foi presentado, na mañá de onte pola alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada do concelleiro de Deportes, Ignacio González e Damián Troncoso, presidente e fundador da Sala Viguesa de Esgrima Antiga e un referente en España neste deporte.

Este torneo ven de experimentar un crecemento espectacular que se consolida, nesta terceira edición, duplicando o número de participantes con respecto á edición do pasado ano. Tal e como explicaba Damian Troncoso, son máis de 60 participantes representando 15 salas de España e Portugal “que nos converten no torneo máis grande que se ten feito en Galicia ata o momento e, posiblemente, un dos máis grandes de España”.

A esgrima histórica é un arte marcial en auxe que se realiza co manexo real das armas históricas que en séculos pasados empleabanse nas guerras o nos dolos.

Troncoso, amosaba a súa satisfacción polo feito de que, cada ano “son máis as persoas que se achegan ata este torneo para coñecer de preto esta disciplina que é moi espectacular”. A realización deste torneo en Redondela, “no meu municipio” subliñaba Damián, fai que na Sala Viguesa de Esgrima Antiga, que por certo ten a súa sede social na parroquia redondelá de Cedeira, “teñamos alumnado de Redondela, de San Esteban, de Cedeira e outras zonas”.

Máis de 60 deportistas daranse cita en Redondela no III Torneo de esgrima histórica

O torneo dispútase no formato mixto, competindo mulleres contra hombres sen ningún tipo de distinción ao igual que tampouco hai división por idades porque –sinala Damian Troncoso– “é un torneo onde a arma, a espada, iguala as forzas. A esgrima é cuestión de destreza e axilidade e iguala as idades e os xéneros”.

O torneo, ao contrario que en anos anteriores que disputouse ao aire libre, “pasará ao pabillón de deportes porque, coa inestabilidade meteorolóxica que hai non nos imos a arriscar” confirmou Digna Rivas

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, apostaba para que o sábado “todo saia perfecto”, e agradecía “o traballo realizado pola Concellería de Deportes que dirixe Nacho González, e tiña tamén palabras de agradecemento para Damián Troncoso “por elixir Redondela para a celebración deste torneo que recupera unha parte da historia a través dunha disciplina deportiva moi vistosa”. Rivas tamén salientou a importancia que ten a presenza de máis de 60 participantes “pertencentes a salas de esgrima antiga de Madrid, Barcelona, Bilbao, Mallorca, Oporto e Lisboa, que veñen acompañados de familia e amigos e que aproveitarán para coñecer o noso municipio e o seu potencial turístico”.

Finalmente, Digna Rivas facía especial fincapé na “importante promoción turística que para o noso municipio supón a presenza de 64 participantes de toda España e Portugal, que veñen con familias”. De feito, como explicaba Troncoso, “as e os tiradores farán unha visita á Illa de San Simón e tomar contacto coa memoria histórica e a historia de Redondela e “se hai tempo, ao Meirande, para afondar máis na historia do municipio”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies