Inicio Baixo Miño A Guarda A Guarda e Povoa de Varzim, a unión entre dous pobos irmáns

A Guarda e Povoa de Varzim, a unión entre dous pobos irmáns

A Guarda e Povoa de Varzim, a unión entre dous pobos irmánsNa xornada deste mércores día 5 de febreiro de 2020 os mandatarios de ámbolos dous concellos reuníronse nas dependencias municipais de Povoa de Varzim (Portugal) para iniciar os trámites cara ao seu irmanamento.

Nesta xuntanza oficial estiveron presentes o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, acompañado pola tenente de alcalde, Montserrat Magallanes, e pola banda portuguesa o Presidente da Câmara de Póvoa de Varzim, Aires Henrique do Couto Pereira e o Vicepresidente, Luís Diamantino Carvalho Batista.

A vinculación existente entre os dous municipios remóntase a moitos anos atrás, principalmente a través da actividade pesqueira, onde os mariñeiros refuxiábanse dos temporais de inverno cando saían a faenar nos portos destes municipios, establecendo fortes lazos de amizade e mesmo familiares, destacando moitos nexos de unión coma as marcas dos mariñeiros, os ditos e cancións populares ou a gran devoción existente entre os mariñeiros da Povoa pola Virxe de Santa Trega.

Representantes da Asociación Piueiro, fixeron unha proposta para a creación dunha Comisión Organizadora para o Irmanamento con Povoa de Varzim e esta foi ben recibida polas dúas vilas, iniciando dende xa os trámites para facer efectivo este irmanamento, que fixará as bases para futuras accións entre as dúas vilas.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies