spot_img
InicioBaixo MiñoMáis de 3000 persoas visitaron o bio-mercado de Tomiño

Máis de 3000 persoas visitaron o bio-mercado de Tomiño

mais-de-3000-persoas-visitaron-o-bio-mercado-de-tomino

Máis de 3000 persoas (o dobre que o ano pasado) visitaron a segunda edición do Bio-Mercado celebrado este domingo en Tomiño, na céntrica Praza do Seixo e dentro do mercado municipal, con máis de setenta postos de comida saudable, artesanía, cosmética, horta ecolóxica, mel, plantas e un longo etcétera.

Ademais, os praceiros do Mercado Municipal ofreceron degustación de tapas e pinchos a prezos populares, logrando un cheo absoluto por parte do público.

Carlos Rodríguez, coordinador do evento, explicou que nesta segunda edición se priorizou a oferta gastronómica, aumentando o número de postos de comida, aínda que tamén houbo artesanía, antigüidades, produtos de segunda man, etc.

Coma novidades, sumáronse tamén postos de horta e plantas, mel, polbo, cosmética natural, cervexa artesá, demostración de cociña vegana e con especias; curso infantil sobre cultivo de horta, etc.

Por outra parte, o bio-mercado contou cunha vertente lúdica e de actividades moi interesantes para adultos e público infantil, como as relacionadas co mundo ECO, que complementaron a celebración, así coma un espectáculo de maxia, sesión de Zumba, etc.

Dúas mostras puxeron a nota cultural e divulgativa á xornada do domingo: exposición de fotos antigas de Tomiño, no primeiro andar do mercado, e de minerais, na planta baixa.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.