·Publicidade ·spot_img
InicioVal MiñorNigránMáis de 30 voluntarios participaron na última xornada de recollida de residuos...

Máis de 30 voluntarios participaron na última xornada de recollida de residuos en praias de Nigrán

Máis de 30 voluntarios participaron na última xornada de recollida de residuos en praias de NigránVIVE SOSTIBLE celebrou esta fin de semana a súa terceira e última xornada de recollida de residuos na Praia da Cansadoura, en Patos, na que máis de 30 voluntarios lograron retirar uns 300 quilos de lixo do areal.

Tras case dúas horas, retiráronse da praia uns 300 quilos de lixo, entre os que había envases de bebidas, restos de redes, plásticos e curiosidades como unhas lentes graduadas. Tras a recollida, Alfredo López, membro da Xunta Directiva do GALP Ría de Vigo – A Guarda e coordinador de CEMMA deu unha pequena charla aos asistentes sobre a necesidade de protexer e coidar a contorna mariña. Os voluntarios tiveron ademais a oportunidade de participar no simulacro de rescate dun golfiño varado na praia.

Con esta xornada terminan as actividades programadas para este ano de VIVE NIGRÁN dentro da iniciativa VIVE SOSTIBLE. Desde o seu inicio, a organización do festival tivo presente a necesidade de actuar con respecto #ante a riqueza ambiental da contorna na que se desenvolve o evento, con diferentes accións englobadas en VIVE SOSTIBLE.

Máis de 30 voluntarios participaron na última xornada de recollida de residuos en praias de Nigrán

Así, a quinta edición do festival, seguindo diversos obxectivos incluídos na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, impulsou diversas accións de concienciación e coidado ambiental durante estes meses, como as tres xornadas programadas de recollidas de residuos mariños en praias de Nigrán, en colaboración co Concello de Nigrán, e onde participaron preto dun centenar de voluntarios, o uso de vasos biodegradables e a instalación dun xerador fotovoltaico durante os días do festival.

A terceira xornada de limpeza deste ano organizouse en colaboración con GALP7, o Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro Ría de Vigo – A Guarda, unha entidade colaboradora da Consellería do Mar para a xestión de axudas do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) e o Concello de Nigrán.

Ademais, desde o mes de setembro, BALMI o cachalote de VIVE NIGRÁN loce en Praia América como símbolo do compromiso do festival coa contorna e a sustentabilidade. A instalación deste bebé cachalote é a acción máis destacada dentro da iniciativa VIVE SOSTIBLE. Esta peculiar escultura foi realizada polo equipo artístico Retoque Retro, asociación sen ánimo de lucro na defensa da arte e do Medio Ambiente que presta especial atención ao medio mariño. A escultura pesa máis de 400 quilos, ten 5,60 metros de longo e 1,70 metros de alto, a escala real das crías de cachalotes e está realizada cuns 200 quilos de residuos plásticos de orixe mariña recolleitos na costa galega. Esta escultura é tamén unha homenaxe ás baleas e a todos os mamíferos mariños que xogan un papel no mantemento dos ecosistemas e do clima e están a desaparecer a pasos axigantados dos océanos, enfrontados á ameaza constante da inxesta de plásticos e os enredamientos con redes pantasma.

O festival sumouse ao Pacto Cultura Sustentable para reforzar o seu compromiso por ofrecer un evento máis respectuoso co medio ambiente e mantén o seu compromiso coa contorna e a sustentabilidade, reforzando a súa especial vinculación co Concello de Nigrán e resaltando a importancia da música e a cultura como elementos vertebradores e enriquecedores do territorio.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies