·Publicidade ·spot_img
InicioVal MiñorGondomarGondomar completou a II edición do Camiño de Irmandamento en bicicleta coa...

Gondomar completou a II edición do Camiño de Irmandamento en bicicleta coa vila homónima de Portugal

Gondomar completou a II edición do Camiño de Irmandamento en bicicleta coa vila homónima de PortugalPreto dunha treintena de persoas, entre participantes, organización, equipo de apoio e loxístico, participaron na II edición do Camiño do Irmandamento, que regresou á estrada tras un ano de ausencia por mor da pandemia.

O domingo chegaban a vila irmá onde eran escoltados na entrada por axentes da policía local e recibidos por representantes políticos na Cámara Municipa lusa.

“Cando hai dous anos puxemos en marcha o Camiño do Irmandamento foi coa vocación de convertelo nun roteiro habitual e nun referente, e por iso, unha vez relaxadas as medidas da pandemia poñémonos en marcha de novo nesta segunda edición”, afirmou o alcalde Paco Ferreira, quen, do mesmo xeito que na anterior edición, acompañou ao pelotón de veciños e veciñas que se sumaron a este roteiro cicloturista ata o país veciño.

Un total de 18 participantes, acompañados por un equipo técnico e de apoio loxístico, dábanse cita este sábado ás 9:00 da mañá na Praza de Paradela, punto de saída da primeira etapa, un percorrido de 85 quilómetros, pasando Tomiño para cruzar a ponte internacional e desde Vilanova de Cerveira continuar ao longo da N-13 pola costa ata Esposende, pernoctaron.

A segunda etapa, o domingo 3 de outubro, cubriron a distancia restante ata a homónima Gondomar, cun total de 60 quilómetros, que transcurriron por Póvoa de Varzím, Vila do Conde, O Porto, e, finalmente, a Cámara Municipal de Gondomar onde o grupo foi acompañado na súa entrada por axentes de policía local en bicicleta ata a Cámara Municipal gondomareña onde os representantes políticos deron a benvida os integrantes desta II edición do Camiño de Irmandamento Gondomar-Gondomar.

O regreso, como na súa primeira edición, realizouse en vehículos homologados para o transporte das bicicletas, estimándose a hora da chegada á Estación de autobuses do municipio galego ás 18.00 horas do mesmo domingo día 3 de outubro.

- Publicidade -spot_img

Publicidade
Publicidade