Baiona converteuse por uns días na capital da vela, unha oportunidade perfecta para xerar actividade económica e comercial.
A Regata Pornic-Baiona, cumpriu este ano a súa undécima edición. Nesta ocasión, máis dunha trintena de veleiros, saíron o pasado luns, 11 de xullo, desde a vila francesa de Pornic percorrendo as 455millas náuticas que a separan de Baiona, chegando os primeiros navegantes o mesmo mércores, día 13.
A undécima edición foi todo un éxito, tanto a nivel de organización como de participación. A competición deportiva logrou congregar a 30 barcos, nos que viaxaron aproximadamente uns 150 tripulantes que estiveron atracadas no porto baionés entre 4 e 6 días, superando así as expectativas iniciais e xerando un importante retorno económico na localidade.
A Regata Pornic-Baiona-Pornic, celébrase cada 3 anos. É unha regata de ida e volta entre a costa francesa atlántica, Pornic, e a galega do sur, Baiona, púxose en marcha en 1997, aproveitando o irmandamento entre as dúas cidades do Arco Atlántico con moitas similitudes, como o ser cidades con actividade pesqueira, turística e náutico deportiva. Unha regata que se celebra entre estes dous portos, separados por 455 millas náuticas.
A regata está inscrita no calendario da Federación Francesa de Vela e cada vez máis, o nivel técnico dos veleiros participantes e as súas tripulacións, consolidan este evento, no mundo náutico francés.
Ata a vila mariñeira viaxou o alcalde de Pornic, Jean Michel Brard, e a Responsables da área Náutica, Virginie Ringeard, para recibir ás súas compatriotras en terras galegas. O mandatario francés aproveitou a ocasión para reunirse coa súa homónimo baionés e comezar a perfil os actos do XX Aniversario do irmandamento entre Baiona e Pornic, dúas Vilas unidas polo mar e por uns fortes lazos de amizade, e que comparten multitude de similitudes.




