spot_img
InicioVal MiñorGondomarMais de 10.000 espectadores no VI Concurso de Rondallas da Deputación de...

Mais de 10.000 espectadores no VI Concurso de Rondallas da Deputación de Pontevedra

A rondalla Pontellas do Porriño gaña o VI Concurso de Rondallas da Deputación de Pontevedra, que tivo lugar no Instituto Feiral de Vigo, ante máis de 10.000 espectadores

A rondalla da Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios (Gondomar) gañou o primeiro premio de abandeirados no VI Concurso de Rondallas da Deputación de Pontevedra

A edición deste ano reuniu no Ifevi un total de dez rondallas, con máis de 1.400 membros cunha media de idade inferior ós 28 anos

A rondalla porriñesa de Pontellas fíxose a pasada noite co primeiro premio do VI Concurso Provincial de Rondallas, organizado pola Deputación de Pontevedra, ante as máis de 10.000 persoas que abarrotaron o Instituto Feiral de Vigo.

Este grupo, un dos que espertou maiores ovacións na tarde, recibiu un premio de 2.100 euros, que foi entregado polo presidente da Deputación, Rafael Louzán; o vicepresidente José Manuel Figueroa e a deputada provincial Marta Iglesias, que acudiron acompañados da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e doutros alcaldes da comarca como Nelson Santos, do Porriño, ou Fernando Guitián, de Gondomar.

O segundo premio conseguiuno nesta ocasión a rondalla de Santa Eulalia de Mos, cunha dotación económica de 1.800 euros. En terceira posición quedou a rondalla Helios de Bembrive, vencedora da última edición e que nesta ocasión recibiu un premio de 1.500 euros.

A rondalla da Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios (Gondomar) gañou o primeiro premio de abandeirados, dotado cun recoñecemento de 400 euros. En segunda posición quedou a tonadilla de Valadares e o terceiro posto foi para Santa Eulalia de Atios (O Porriño).

A rondalla da Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios (Gondomar) gañou o primeiro premio de abandeirados no VI Concurso de Rondallas da Deputación de Pontevedra

O resto de rondallas recibiu un premio de 1.300 euros cada unha en recoñecemento da súa participación.

Tanto Rafael Louzán coma José Manuel Figueroa agradeceron a masiva presenza de público nesta sexta edición do tradicional concurso de rondallas da Deputación, así como a profesionalidade e entrega mostrada por todas as agrupacións participantes.

O concurso de Rondallas da Deputación contou este ano cunha participación de dez grupos, que entre preparadores e concursantes sumaron máis de 1.400 participantes, cunha media de idade inferior ós 28 anos. Catro das rondallas estaban compostas por máis dun centenar de membros.

_55A7095 (Copiar)

As rondallas integrantes deste VI Concurso foron a do Centro Social, Cultural e Recreativo de Beade, con 94 compoñentes; a rondalla do Centro Social, Cultural, Recreativo e Deportivo Helios de Bembrive, con 95 compoñentes; a rondalla da Asociación Cultural e Social Herville-Mos, con 61 compoñentes; a rondalla da Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios (Gondomar), con 140 compoñentes; a rondalla do Círculo Recreativo, Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, con 114 compoñentes; a rondalla Pena Freixo de Vigo, con 90 compoñentes; a rondalla da Asociación de Veciños de Zamáns, con 45 compoñentes; a rondalla da Asociación de Veciños do Centro Cultural e Veciñal de Valladares, con 90 compoñentes; a rondalla da Asociación Cultural e Musical de Pontellas, con 115 compoñentes; e a rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios, con 118 compoñentes.

Pontellas-Porriño-gaña-VI-Concurso-Rondallas-Deputación-Pontevedra-Instituto-Feiral-de-Vigo-10.000-espectadores

A gran afluencia de público chegado de distintos municipios da provincia propiciou unha máxima tensión entre os rondallistas, que este ano presentaron coreografías moi traballadas e ensaiadas con intensidade durante os últimos meses.

Os campións do mundo de baile, o grupo Media Punta, de Bouzas, amenizaron a xornada como artistas convidados durante a deliberación do xurado. O grupo arrincou os aplausos dun público que aguantou, entre aclamacións e ovacións, preto de tres horas de concurso.

O xurado estivo formado pola deputada Marta Iglesias, en nome do presidente da Deputación; o director da Banda Unión Musical de Coruxo e profesor do Conservatorio de Ponteareas, Francisco Abal; o director da Escola de Gaitas da Deputación, Hipólito Cabezas; o mestre de gaitas e percusión da Escola da Deputación,Roberto Porto Graña; Camilo Pais Martínez, en representación da Federación Recreativa de Peñas El Olivo; e Abraham Fernández, director da Banda de Gaitas Xarabal, en representación da Unión de Centros Culturais. O secretario do xurado foi Julio Vázquez Martínez, xefe de servizo da Deputación en Vigo.

Pontellas-Porriño-gaña-VI-Concurso-Rondallas-Deputación-Pontevedra-Instituto-Feiral-de-Vigo-10.000-espectadores

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.