Inicio Val Miñor Nigrán Luz verde para o inicio da humanización da praza de Parada en...

Luz verde para o inicio da humanización da praza de Parada en Nigrán

luz-verde-inicio-da-humanizacion-da-praza-parada-nigranO Goberno de Nigrán investirá na humanización da contorna do torreiro de Parada 91.000 € a cargo do Plan de Concellos da Deputación de Pontevedra.

Así, a Xunta de Goberno local deu esta semana luz verde ao inicio do proceso de contratación tras máis dun ano de tramitación para obter tódolos informes sectoriais favorables. Así, a vindeira semana será publicado no BOPP a apertura do proceso de licitación para que as empresas presenten as súas ofertas. A maiores, segundo requeriu a Consellería de Cultura, deberanse realizar catas arqueolóxicas previas.

“A tramitación deste proxecto resultou máis tediosa do esperado por ser un espazo especialmente protexido dende o punto de vista patrimonial, polo que requiriu un esforzo importante por parte de tódalas administracións. Agora por fin temos tódolos permisos necesarios, así que agardamos comezar as obras nos vindeiros meses”, sinala Juan González, alcalde de Nigrán.

O proxecto, firmado pola enxeñería ‘Piñeiro Fernández S.L.P’, conta cun prazo de execución de dous meses e contempla a recuperación para o uso público de toda a contorna do torreiro entre as rúas Camiño da Igrexa e Santiago de Parada. Actualmente, este espazo está visiblemente deteriorado e envellecido, presenta distintos tipos de pavimentos e carece de iluminación, evacuación de augas pluviais ou mobiliario urbano. Por este motivo, e co fin de reverter esta situación, o Concello de Nigrán pretende cambiar a rasante de ‘trasdós’ do muro de pedra para crear unha única pendente, substituir parte da calzada de aglomerado por losetas de granito e dotar de iluminación e mobiliario urbano a toda a parcela, ademais de mellorar a seguridade vial. A intervención permitirá potenciar o miradoiro, por en valor o muro de pedra actual e na zona de arriba, no cruceiro, crear un xardín.

“Crearemos un espazo máis limpo e integrado na que os veciños poderán desfrutar con tódalas prestacións necesarias ao tempo que recuperamos e pomos en valor o patrimonio de Nigrán. A humanización do Torreiro de Parada é unha reivindicación histórica da parroquia e un obxectivo de este goberno no que levamos traballando case dous anos”, asegura o alcalde, Juan González.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies