Inicio Pontevedra O Auditorio de Vigo acollerá un ano máis a 'Gran Festa do...

O Auditorio de Vigo acollerá un ano máis a ‘Gran Festa do Turismo Provincial’

o-auditorio-mar-de-vigo-acollera-a-gran-gala-de-presentacion-da-campana-de-turismo-rias-baixas-2017O vindeiro mércores, 28 de febreiro ás 20 horas no Auditorio Mar de Vigo, terá lugar a Gala de Turismo da provincia de Pontevedra na que se darán cita representantes dos concellos e do sector privado do destino. 

“A gran festa do turismo provincial”, así calificou o evento a presidenta de Deputación, Carmela Silva, na presentación, na que avanzou que servirá para dar a coñecer a imaxe de campaña para este ano, que será a protagonista visual da Gala, e que xirará arredor do patrimonio.

Carmela Silva destacou que “imos celebrar que “Somos historias”, o eixo comunicativo da campaña deste ano que será o fío condutor dunha gala que non deixará a ninguén indiferente”. Máis polo miúdo, a presidenta provincial explicou que durante a Gala de Turismo se dará a coñecer a imaxe da campaña que vertebra arredor de oito eixos patrimoniais “que impulsaremos ao longo do ano, desde o patrimonio fortificado, representado por torres e castelos; ata o arqueolóxico, cos xacementos como abandeirados; o paisaxístico, dando a coñecer xardíns e miradoiros; o patrimonio literario, amosando unha provincia inspiradora de escritoras e escritores; o relixioso e espiritual, representado polos mosteiros, cemiterios singulares e a catedral de Tui; o inmaterial, con mitos, lendas e tradicións como embaixadores da provincia; o patrimonio natural, a través das nosas especies senlleiras, aves e espazos naturais; e o patrimonio etnográfico e cultural, representado polos museos, entre outras cuestións”.

Amais Silva explicou que durante a Gala, “chea de sorpresas, se van entregar os distintivos de calidade turística SICTED ás empresas que o acadaron no ano 2017, un galardón que na provincia teñen xa 263 establecementos”.

A presidenta da Deputación indicou tamén que “nesta gala dinámica e innovadora, desde a súa disposición, condución e actuacións, desvelaremos algunhas das novidades nas que estamos a traballar”.  Entre outras cuestións, Silva adiantou que ao longo do 2018 “presentaremos o destino Pontevedra provincia antes da Semana Santa en Madrid e, proximamente, faremos o mesmo en Barcelona, outros puntos do Estado e nas cidades máis importantes de Portugal como Lisboa e Porto”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies