spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraLuis López recoñece a influencia das persoas e entidades galardoadas cos premios...

Luis López recoñece a influencia das persoas e entidades galardoadas cos premios “Pontevedreses do ano” para facer de Pontevedra un escenario “global”

luis-lopez-reconece-a-influencia-das-persoas-e-entidades-galardoadas-cos-premios-pontevedreses-do-ano-para-facer-de-pontevedra-un-escenario-globalO presidente da Deputación, xunto co vicepresidente Rafa Domínguez, entrega no acto que organiza o Diario de Pontevedra ao médico Manuel Ruibal un premio que recibiron tamén Antía Jácome, Rafael Úbeda, Zapaterías Krack, a Coral Polifónica e Asampo

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, enxalza a contribución dos gañadores da décimo oitava edición dos premios Pontevedreses do Ano, que entrega cada ano o xornal Diario de Pontevedra, para construír unha cidade e unha provincia de Pontevedra “global”. O mandatario provincial vén de participar esta tarde na cerimonia de entrega destes distintivos nun acto no que estivo acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e no que tamén participou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda. “En lugar de estar só detrás da pantalla, estes ‘influencers’ están nun escenario, nunha consulta, nunha factoría, nun campo de regatas ou nun taller de pintura”, subliñou o mandatario provincial en referencia ás figuras recoñecidas nesta edición dos galardóns.

Cada ano, o Diario de Pontevedra homenaxea ás persoas e entidades de maior relevancia para a cidade pola súa traxectoria ou polos seus logros. Nesta décimo oitava edición foron distinguidos con este galardón a piragüista Antía Jácome e o urólogo Manuel Ruibal, así como a Asociación de Amigos de Pontevedra (Asampo), a Coral Polifónica de Pontevedra, Zapaterías Krack. Mentres que o premo de honra concedéuselle ao pintor Rafael Úbeda. “Se a provincia de Pontevedra é global é por persoas coma vós. Con ou sen premios, sempre convén subliñalo”, felicitou o presidente da Deputación, que foi o encargado de entregar un destes premios, o da categoría de Investigación, Ciencia e Universidade ao médico especialista en uroloxía, considerado como un dos dez mellores de España, Manuel Ruibal.

“Parabéns a todos. Como o xornal e como tantos veciños anónimos, Pontevedra é unha cidade que ofrece a súa mellor versión, como di o refrán, a quen pasa”, concluíu o presidente Luis López.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.