O MARCO acolleu hoxe a inauguración da mostra “Generación 2025”, un proxecto da Fundación Montemadrid La Casa Encendida, cuxa iniciativa cultural celebra o seu 25º aniversario.
Dende o ano 2000 mostra anualmente unha selección de proxectos artísticos, co empeño de proporcionar aos artistas ferramentas de produción e promover a difusión dos seus traballos.
En Vigo expoñerán dende hoxe e ate o 12 de outubro, 8 artistas gañadores que comparten narrativas sobre futuros desexables e a Intelixencia Artificial como produtora de ficción e o interese pola oralidade.



