Inicio Pontevedra Louzán cualifica de "cita histórica" a firma do convenio para a reforma...

Louzán cualifica de “cita histórica” a firma do convenio para a reforma integral de Balaídos e anuncia que a Deputación inaugurará o próximo día 15 a rehabilitación do estadio federativo de Coia

Louzán-cualifica-cita-histórica-firma-convenio-reforma-integral-Balaídos-anuncia-Deputación-inaugurará-próximo-día-15-rehabilitación-estadio-federativo-Coia

Louzán e o alcalde vigués, Abel Caballero, estamparon as súas firmas no documento e elixiron como escenario o mesmo centro do terreo de xogo, en Balaídos, co presidente do Celta, Carlos Mouriño, como orgullosa testemuña do acordo, xunto a outras autoridades locais e a directivos de clubs de fútbol da cidade.

O convenio especifica que o Concello e a Deputación sumarán outros 10 millóns de euros (cada institución) ós 5 que xa están consignados tanto no Concello coma na institución provincial.

Esta firma garante o 100 % do financiamento das obras“, aclarou unha vez máis Rafael Louzán. Ademais, implica ás dúas institucións noutras melloras pendentes na rede de 14 campos de fútbol de herba sintética construídos pola Deputación en Vigo.

Louzán referiuse ó “novo Balaídos” como “o estadio de fútbol que Vigo e o Celta se merecen, un estadio do século XXI”. Tamén se felicitou polo entendemento entre as institucións local e provincial. “O proxecto é un bo exemplo de como a colaboración e o traballo conxunto entre as administracións é fundamental para que os proxectos saian adiante“, precisou

Agradeceu o esforzo realizado durante as negociacións polo vicepresidente da Deputación José Manuel Figueroa e polo concelleiro de Deportes de Vigo, Manel Fernández. Lembrou que este mesmo mes se cumpre un ano desde que a Administración provincial anunciou publicamente a súa intención de colaborar na reforma de Balaídos, completando o proxecto inicialmente anunciado polo Concello (que afectaba ás dúas bancadas centrais) e estendéndoo ós laterais ata completar unha rehabilitación integral do inmoble.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que esta mesma semana licitará o proxecto para reformar a seguinte bancada e tratará de “acelerar” ó máximo os trámites para rematar todos os traballos ó comezo da temporada 2017-18.

Tamén aludiu á súa intención de “sumar“, ó longo dos próximos meses, a outras institucións públicas e/ou privadas para que contribúan ó financiamento do proxecto. Se isto sucedese ese “aforro” dividiríase a partes iguais entre a Deputación e o Concello.

Anuncio de inauguración do campo federativo de Coia

Rafael Louzán aproveitou o acto de Balaídos, e a presenza neste de numerosas autoridades locais e deportivas, para confirmar que o próximo día 15 se inaugurará o campo federativo de Coia.

O estadio é titularidade da Real Federación Española de Fútbol, e Louzán aclarou que o seu presidente, Ángel María Villar, estará presente no acto de reapertura.

A reforma foi financiada, tamén a partes iguais, pola FEF e a Deputación, cun custo que finalmente superou os 2 millóns de euros. As obras implicaron a construción dunha nova bancada con capacidade para máis de 1.000  persoas, novos vestiarios, zonas de lecer e adestramento, ademais dun novo peche perimétrico. O proxecto inclúe a construción dun edificio anexo que servirá de sede para o Colexio de Árbitros e para a propia delegación sur da Federación de Fútbol

“O campo de Coia é un dos máis usados en Vigo e, ademais, é utilizado por moitos equipos, entre eles as categorías inferiores do Celta”, comentou Louzán antes de referirse á reforma como “unha das máis completas efectuadas nunha instalación deportiva da cidade”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies