Inicio Pontevedra Preto de 500 nadadores do Noroeste peninsular, con idades entre os 5...

Preto de 500 nadadores do Noroeste peninsular, con idades entre os 5 e 72 anos, participaron hoxe domingo na competición celebrada en Praia América (Nigrán)

Hugo Ribeiro e Ana Pérez García-Picher gañan na V travesía a nado Costa Serena nas probas de 4.000 e 800 metros, respectivamentePreto-500-nadadores-Noroeste-peninsular-idades-entre-5-72-anos-participaron-hoxe-domingo-competición-celebrada-Praia-América-Nigrán

Ana Pérez García-Picher – 800 m.Preto-500-nadadores-Noroeste-peninsular-idades-entre-5-72-anos-participaron-hoxe-domingo-competición-celebrada-Praia-América-Nigrán

Hugo Ribeiro – 4.000m.

Preto de 500 nadadores de Galicia, Asturias, Castela-León, Navarra e Portugal, con idades comprendidas entre os 5 e os 72 anos, participaron hoxe domingo na V travesía a nado Costa Serena-Concello de Nigrán, que lugar en Praia América, e que congregou a miles de persoas. En total, disputáronse dous percorridos de 4.000 e 800 metros e dúas probas para nenos de 50 e 150 metros, a principal novidade desta edición.

A travesía, organizada pola empresa Atlantic Extrem Sports, en colaboración co Concello de Nigrán, o club deportivo Tumetapersonal, a Deputación de Pontevedra e outras firmas colaboradores, bateu este ano a súa marca de participación e consolídase como unha das competicións con maior afluencia de nadadores da Comunidade Autónoma.

O nadador portugués Hugo Ribeiro, cun tempo de 43:44, impúxose na categoría masculina na proba de 4.000 metros por diante de Diego Sotelo Fernández (49:02) e Manuel Castro Rodríguez (49:08). Pola súa banda, na categoría feminina, a vencedora foi a nadadora portuguesa Soraia Ribeiro, cun tempo de 50:14. En segunda posición chegou Ester Valiño (52:20), completando o podio Branca Labandeira, cun tempo de 59:13.

O percorrido de 4.000 metros, que contou cunha participación de 321 nadadores, consistiu nun triángulo de 4 quilómetros de distancia con saída e chegada nas inmediacións do posto de Protección Civil de Panxón. Os nadadores tiveron que chegar até a baliza de Cabezo de San Juan, situada aproximadamente a 1,5 quilómetros de distancia, regresar cara á costa polo lado sur da praia e percorrer o último quilómetro en paralelo ao areal.

No percorrido de 800 metros impúxose Iván Fernández Novoa, cun tempo de 11:31 na categoría masculina, seguido de David Martínez Argiz (13:10) e Jaime Sánchez Aragón (14:09). Na categoría feminina, gañou Ana Pérez García-Picher (10:56) superando a Alicia Conde Pazó (11:07) e a Ana Cotos Suárez (12:17). Esta proba disputouse en paralelo á costa e contou cun total de 79 participantes, moitos dos cales se iniciaron na competición de augas abertas nesta travesía. A saída arrincou desde a canle principal de entrada e saída das embarcacións e a chegada á beira do posto de Protección Civil de Panxón.

En total entregáronse 14 premios ao tres primeiros clasificados das dúas categorías (masculina e feminina) dos dous percorridos, ademais dos premios especiais ao nadador máis novo (Jaime Sánchez Aragón) e máis veterana (Isabel Moral Rubio). Ao acto de entrega dos premios asistiu o alcalde de Nigrán, Juan González.

Como novidade, nesta edición celebráronse dúas probas de curta distancia (50 e 150 metros) nas que participaron preto de medio centenar de nenos entre 5 e 13 anos.

Ao finalizar, todos os participantes puideron gozar dun aperitivo e un xeado grazas á colaboración da Praia Club Nigrán e Frigo, respectivamente. Tamén recibiron unha camiseta conmemorativa da travesía.
Máis información:

Web:www.travesiaanadocostaserena.es
Facebook:www.facebook.com/travesiaanadocostaserena.es

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies