Inicio Val Miñor Gondomar Licitadas as obras de construción do itinerario peonil e ciclista entre Gondomar...

Licitadas as obras de construción do itinerario peonil e ciclista entre Gondomar e a Ramallosa

licitadas-as-obras-construcion-do-itinerario-peonil-e-ciclista-gondomar-e-ramallosaA Xunta licita hoxe as obras de construción do itinerario peonil e ciclista entre Gondomar e a Ramallosa, na estrada PO-340, cun investimento de máis de 2 millóns de euros

O director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, visitou esta mañá o Concello de Nigrán, onde salientou que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a licitación do itinerario peonil e ciclista entre Gondomar e A Ramallosa, na estrada PO-340.

As empresas interesadas na realización destas obras, cun prazo de execución de nove meses, poderán presentar as súas ofertas dende mañá ata o vindeiro 25 de setembro. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este anuncio.

A senda, de 3,5 km de lonxitude, construirase pola marxe esquerda da estrada PO-340, comezando no p.q. 17+880, onde rematan as beirarrúas de Gondomar e finalizando no 21+360, conectando coas beirarrúas da Ramallosa, no Concello de Nigrán.

A sección tipo a executar ten un ancho aproximado de 2,7 m, consta dunha senda de formigón coloreado de 1,8 m de ancho separada da calzada por unha zona axardinada de 0,5 mais os dous bordos de separación nos tramos nos que as características da estrada e as edificacións existentes o permiten.

Ademais da senda previse a mellora da seguridade viaria en tres interseccións existentes, de modo que se ordene mellor o tráfico, se reduza a velocidade dos vehículos e os usuarios da senda estean máis protexidos. Unha delas a situada no p.q.18+880 coa rúa Vilariño, a carón do IES Escolas Proval, na que se construirá un cambio de sentido con carril central de espera para facilitar os xiros dos vehículos de transporte escolar.

No cruce do p.q. 20+340 coa estrada provincial a Donas, executarase unha glorieta, aumentando a seguridade dos peóns e ciclistas e facilitando os xiros á esquerda na estrada na contorna dese punto.

No cruce do p.q. 20+580 coa estrada da Deputación a Golada, moi próximo ao centro de saúde Val Miñor, retranquearanse lixeiramente a senda existente pola marxe dereita para mellorar a seguridade dos peóns na intersección.

Esta actuación está enmarcada no Plan de sendas de Galicia, concretamente na comarca de Vigo, para que o que proxectan 11 treitos, que foron definidos en nove proxectos de construción. A Axencia Galega de Infraestruturas executará 12,5 quilómetros de novas sendas nesta bisbarra, cun orzamento que se achega aos 5 millóns de euros, para o que conta co financiamento asegurado ao terse incluído no programa operativo de Galicia dos fondos europeos Feder para o período 2014 -2020.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
284SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies