spot_img
InicioVal MiñorNigránA DGT roda en Praia América a súa nova campaña de concienciación...

A DGT roda en Praia América a súa nova campaña de concienciación en redes sociais

dgt-roda-praia-america-sua-nova-campana-concienciacion-redes-sociaisO areal de Praia América no concello de Nigrán, será unha das localizacións estrela da nova campaña da Dirección General de Tráfico (DGT) destinada ás redes sociáis.

Unha escena rodada esta mañá no areal nigranés pechará unha serie de spots nos que a DGT abandonará o seu tono máis dramático para, cun tinte de humor, concienciar sobre a importancia de coidar o  vehículo porque el, a súa vez, coida de ti. Trátase dunha escena na que unha moza vestida de branco corre emocionada pola beira da praia para abrazar un todoterreno vermello e é a única gravada en Galicia.

As facilidades dadas polo Concello de Nigrán e Costas para a gravación, xunto as propias características do areal, foron o motivo para que a productora se fixase en Praia América

“A DGT, a través da productora, púxose en contacto co  Concello de Nigrán e, tras pedir autorización a Demarcación Xeral de Costas, démoslle tódalas facilidades porque consideramos que é unha oportunidade perfecta para promocionar as nosas praias en toda España“, sinala Diego García Moreira, edil de Medio Ambiente e quen supervisou durante toda a mañá que o traballo non perxudicase en absoluto ao areal. Neste sentido, dende a productora madrileña Micropixel, que trasladou a 30 profesionais para a rodaxe, refiren entre os principais motivos para desprazarse a Nigrán as facilidades dadas dende o Concello e que a praia cumpre cos requisitos que andaban buscando: “É marabillosa, de area branca e moi ampla, perfecta para o que queríamos. Ademáis, non é un lugar masificado, polo que a rodaxe é moito máis sinxela do que podería ser no Levante”, sinala o xefe de produción.

A gravación levouse a cabo durante toda a mañá (de 6:00 a 13:30 horas) e coincidindo en luns por ser un día de menos afluencia de bañistas. Así, reserváronse para este traballo 200 metros de areal á altura da Escola de Vela, colaborando en todo  momento Protección Civil e Policía Local de Nigrán. “Foi un luns de mañá co obxectivo de perxudicar o menos posible aos bañistas que soen empregar este tramo de praia”, resume o alcalde, Juan A.González.

 

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.