spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaLibros e flores protagonizan o Día de Rosalía en Redondela

Libros e flores protagonizan o Día de Rosalía en Redondela

Libros e flores protagonizan o Día de Rosalía en RedondelaGalicia celebra hoxe, 24 de febreiro, o Día de Rosalía e a data, en Redondela, énchese de flores e libros a través da iniciativa ‘Agasalla un libro e unha flor’ impulsada polo Servizo de Normalización Lingüística co fin de concentrar en esta actividade todas aquelas que non se puideron celebrar por mor da crise sanitaria da COVID-19.

A alcaldesa Digna Rivas e o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa participaron activamente esta mañá na iniciativa ‘Agasalla un libro e unha flor’

Na mañá de hoxe, a alcaldesa e concelleira de Normalización Lingüística, Digna Rivas, e o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, participaban activamente nesta iniciativa promovida pola AELG (Asociación de Escritores/as en Lingua Galega), e mercaban o libro e a flor que, dende agora, pasarán a formar parte da tradición do 24 de febreiro en Redondela.

No caso do Concello redondelán, ‘Agasalla un libro e unha flor’ ten un dobre obxectivo. Por unha banda lémbrase unha data significativa “non só para as letras galegas, senón para a propia Galicia”, sinala Digna Rivas, quen lembra que “estamos a falar do nacemento dunha muller que amais de ser considerada –xunto con Gustavo Adolfo Bécquer– como a precursora da poesía moderna española, foi exemplo na defensa de Galicia, da nosa lingua e da loita pola igualdade de xénero e a xustiza social”.

Doutra banda, “estaremos contribuíndo a axudar tamén ao comercio de proximidade nunhas datas tan complicadas para eles”, conclúe a alcaldesa de Redondela.

Para darlle visibilidade ao Día de Rosalía, a veciñanza non terá máis que compartir nas redes sociais, fotos, poemas e flores utilizando o cancelo #DíadeRosalia #RedondelaconRosalía.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.