Baixo o epígrafe de ” Eu recomendo…”, diferentes representantes da cultura de Monção e de Redondela, recomendan, con periodicidade mensual, unha obra da súa preferencia, en lingua portuguesa e galega, respectivamente.
Con Dosi Pérez, o representante máis novo dunha veterana saga de libreiros de Redondela : La Imprenta, Hijos de Amador deu inicio esta nova esta sección, no blogue do proxecto, coa recomendación da novela de xénero negro “Vitus” do escritor Beto Luaces; collerá o relevo Pedro Táboas da Librería Moliere
http://bibliotecasredondela.blogspot.com/2019/12/eu-recomendonova-seccion-no-blogue-de.html
O proxecto Literaturas Irmás/Irmãs arrancou no ano 2008 coa intención de visibilizar a cooperación existente entre as rexións de Portugal e Galicia a través da promoción de libros en galego en bibliotecas portuguesas e libros en portugués en bibliotecas galegas, para que os usuarios das mesmas en ámbolos dous lados do Miño poidan gozar da riqueza das dúas literaturas.
Este proxecto materializase, nas bibliotecas municipais de Redondela e Monção, a través dunha serie de centros de interese de autores galegos en Monção e portugueses en Redondela, , así como no encontro con autores de ambos os lados do Miño.
Actualmente son o xornalista e escritor madeirense José Viale Moutinho nas Bibliotecas de Redondela e a autora mindoniense Marina Mayoral na Biblioteca Municipal de Monção os nomes aos que están dedicados estos centros de interese.
A difusión deste proxecto realízase a través das redes sociais das bibliotecas e das propias do programa no Instagram e no blogue de Literaturas Irmás/Irmãs
O proxecto Literaturas Irmás/Irmãs conta coa colaboración de Tania Lago, mentora do proxecto, e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela
O proxecto Literaturas irmás contribúe á Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible das Nacións Unidas. Concretamente, esta actividade axéitase ao Obxectivo 17, que versa sobre “Fomentar alianzas”, que sinala como unha das súas metas: “Fomentar e promover a constitución de alianzas eficaces nas esferas pública, público-privada e da sociedade civil, aproveitando a experiencia e a extratexia de obtención de recursos e alianzas”.



