Inicio Baixo Miño Tui busca converter a praza de abastos nun Mercado de Excelencia

Tui busca converter a praza de abastos nun Mercado de Excelencia

Tui busca converter a praza de abastos nun Mercado de ExcelenciaTomando coma punto de partido o estudo realizado comezará a dar os pasos precisos

Converter a praza de abastos de Tui nun Mercado de Excelencia é un dos obxectivos do goberno municipal do Concello de Tui. Coma paso previo, co financiamento da Xunta de Galicia, encargou un estudo da situación actual da praza e das propostas de mellora para lograr ese recoñecemento.

O estudo, realizado pola empresa Rural Consulting foi presentado hai uns días a todos os praceiros e praceiras en presenza do alcalde, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Mercado, Ana Mª Núñez.

Ao longo dos últimos meses foi avaliada a oferta, os servizos e as instalacións actuais, co obxectivo de coñecer tanto a área de influencia do Mercado, coma o parecer dos praceiros e das praceiras, dos clientes e non clientes, así coma dos hostaleiros e comerciantes.

A praza de abastos de Tui conta cunha superficie 939,65 m2 e 51 postos de venda, dos que 26 están situados na área perimetral, 25 na bancada central, e un máis sería a superficie destinada a supermercado. A ocupación de postos rexistrada na actualidade é do 43%.  Así se recolle no estudo realizado onde se deixa reflicte que, en xeral, a oferta é de calidade media-alta, destacando o peixe como produto estrela.

Tamén se sinala na diagnose realizada a importancia que ten ofrecer un produto local de calidade para captar a unha clientela potencial formada pola poboación xove interesada  na gastronomía e na saúde.

O estudo conclúe que “a desocupación deste mercado está motivada polo exceso de superficie comercial dispoñible e polo aproveitamento inadecuado do recinto”, xa que o número de praceiros e praceiras que ocupan actualmente a praza é considerable para a poboacion que ten Tui.

O informe propón a reorganización dos praceiros e praceiras actuais, mellorar a oferta de produto local de calidade e introducir novas actividades para as superficies libres, como parte da nova estratexia de optimización do mercado. Tamén advirte o estudo do risco que corre a praza si non se moderniza e se introducen cambios e melloras no seu funcionamento, presentación de produtos, organización interna ou captación de novos produtos cara a potenciais clientes.

Así proponse a creación dunha área Gastro reservada para a instalación de servizos de hostalería, comida para levar e degustacións, e dunha área de formación e obradoiros. Para dinamizar a praza o estudo suxire a realización de actividades de promoción do mercado e dos seus produtos e a organización de mercados temáticos.

Tomando coma punto de partida este estudo o Concello de Tui comezará a dar os pasos precisos para levar a cabo actuacións de mellora das instalacións,  redactará un novo regulamento de xestión, buscará mellorar a oferta de produto local de calidade, asesorará e formará a todos os praceiros e praceiras. E buscará tamén optar ás axudas establecidas pola a Xunta de Galicia para os mercados municipais. Un plan que lle  permitirá a praza de Abastos lograr o selo de recoñecemento de Mercado Excelente

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies