spot_img
InicioBaixo MiñoLección de vida no colexio de Goián

Lección de vida no colexio de Goián

Lección de vida no colexio de GoiánDavid Gil, de 700 camisetas contra a leucemia, acudiu ao centro para recibir un premio e alí comunicou que llo levaba para Tiago, un neno que recibía hoxe mesmo, un transplante de médula e que envío unha mensaxe nun vídeo gravado aos alumnos do centro.

Hoxe no Ceip Pintor Antonio Fernández de Goián tiveron unha visita moi especial, David Gil, presidente de 700 camisetas contra a leucemia, acompañado de dúas mulleres, unha delas nai dun alumno do centro ,que se pelexaron contra o cancro.

O motivo da súa visita foi recoller un premio, creado polo alumnado do centro e que recoñece o labor de entidades, institucións ou persoas que loitan para construír un mundo mellor para todos.

Foi unha mañá moi emotiva e emocionante. David deu a todos os presentes unha verdadeira lección de vida contado alí o seu labor regalando vida a través da conciención na doazón de medula. Un camiño que inicio hai anos co seu irmán Fran e que continuou despois de que o seu irmán Fran falecese por culpa da leucemia.

Un dos momentos máis emotivos foi cando David proxectou un vídeo dun neno chamado Tiago que hoxe mesmo era operado dun transplante de medula dedicado aos nenos e nenas do centro e alí os máis pequenos decidiron que David lévalle o premio para el, enviándolle moita forza para a súa recuperación.

Os mestres e mestras do colexio insistiron que ademais de ensinar contidos tamén é importamte ensinar valores como a empatía ou a solidariedade porque forman parte do noso dia a dia e os nenos e nenas das escolas de hoxe serán os adultos do futuro.

- Publicidade -spot_img