spot_img
InicioReportaxesLanzamento do videoxogo "Between Me and The Night". Galicia e Portugal únense...

Lanzamento do videoxogo “Between Me and The Night”. Galicia e Portugal únense para crear esta aventura de acción surrealista

lanzamento-do-videoxogo-between-me-and-the-night-galicia-e-portugal-unense-para-crear-esta-aventura-de-accion-surrealistaRaindDance LX , desarrolladora do videoxogo, é o resultado da unión de dous mozos -Karlos, de Vigo e João, de Lisboa-, con eles nace un xogo que mestura os medos e paranoias dun mozo adolescente que en lugar de chorar e padecer decide facerlles fronte con todo o valor que consegue reunir.

lanzamento-do-videoxogo-between-me-and-the-night-galicia-e-portugal-unense-para-crear-esta-aventura-de-accion-surrealistaPara lograr saír ao mercado Between Me and the Night estivo durante varios meses no acceso anticipado de Steam (é unha plataforma de distribución dixital), acontecemento que desde a desarrolladora valoran moi positivo.

Se á máxima motivación do que traballa no que ama sumámoslle as ganas de escoitar á crítica que confía o seu diñeiro ao proxecto, o resultado pinta un gran cadro do que se poden sacar moitas e boas conclusións.

“Between Me and The Night é unha aventura de acción surrealista”. Con esta descrición os desarrolladores RainDance LX preséntannos unha aventura gráfica con pequenas pinceladas de acción que combina o terror xuvenil e vida cotiá. Parte dunha idea orixinal e está apoiado por uns gráficos cun estilo ben inspirado.

“Between Me and the Night” é un xogo que a primeira vista ten lanzamento-do-videoxogo-between-me-and-the-night-galicia-e-portugal-unense-para-crear-esta-aventura-de-accion-surrealistaunha fácil clasificación polo seu aspecto, perspectiva e forma de xogo quedando encadrado na aventura gráfica, pero que conforme penetrámonos na mente do novo protagonista, dámonos conta de que a acción e a superación emocional son complementos que converten a “Between Me and the Night” nun xogo emocional e con alguna referencia a Manic Mansion.

Luz e escuridade, sombras e reflexos na penumbra que durante o día desaparecen pero que seguen aí, esperando a caída do sol fúndense na mente para mostrar un mundo que está presente no subconsciente de todas as sociedades e crenzas e que xoga cos medos da humanidade desde as antigas noites das cavernas.

Pero deixando de lado o guión e a profundidade da historia, en poucos retrincos pódese dicir que “Between Me and the Night” encádrase na aventura clásica de quebracabezas mesturado con acción, onde os ciclos do día e a noite marcan o devir dos acontecementos ofrecendo diferentes maneiras de gozar do xogo. Todo rodeado dunha atmosfera de continuas emocións e sentimentos que se completa cunha banda sonora que está perfectamente adaptada grazas ao seu creador, David García A música destaca para crear atmosfera que destaca principalmente a soidade do mozo na casa e outros lugares.

Moita sorte para o equipo RainDance LX.

Lea tamén: Artigo no ‘The Boston Globe’Exploring the spooky world of a suburban haunt

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.