spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorJimena Fernández de la Vega, a nova camelia que o Castelo de...

Jimena Fernández de la Vega, a nova camelia que o Castelo de Soutomaior incorpora ao seu xardín ‘Con nome de muller’

Camelia-Jimena Fernández de la Vega

O novo exemplar, co nome da pioneira da xenética en España e científica galega deste ano 2021, foi presentado no marco da visita caracterizada ao Castelo á que asistiu a presidenta provincial

A prestixiosa médica Jimena Fernández de la Vega, pioneira da xenética en España e nomeada Científica do ano pola Rea Academia Galega de Ciencias, xa dispón desde este domingo dun cultivar de camelia co seu nome no Xardín “Co Nome de Muller”, que a Deputación de Pontevedra creou en marzo de 2020 para homenaxear e visibilizar a mulleres referentes vinculadas á provincia.

O novo exemplar, o primeiro desta orixe que se planta nun xardín público, comparte xa espacio con outras 7 camelias que levan os nomes de  “María Vinyals”, “Rosalía Castro”, “Bella Otero”, “Jane Andersen”, “Sofía Novoa”, “Juana de la Vega” e “Emilia Pardo Bazán”, e foi presentado hoxe no marco da visita caracterizada ao Castelo, á que asistiu a presidenta provincial Carmela Silva acompañada de deputadas e deputados do seu goberno.

Jimena Fernández de la Vega, a nova camelia que o Castelo de Soutomaior incorpora ao seu xardín ‘Con nome de muller’

Precisamente tres mulleres, Emilia Pardo Bazán, Emilia Lluria e María Vinyals, cobraron vida este domingo da man das actrices de ”Aguias”, e guiaron á presidenta e ás persoas visitantes que habían esgotado as prazas ata o Xardín “Con Nome de Muller” onde tivo lugar a presentación da nova camelia Jimena Fernández de la Vega, que xa está rexistrada co seu novo nome por Areeiro no Rexistro da Sociedade Internacional da Camelia. Trátase dunha camelia xapónica cunha flor de tamaño grande de cor rosa  nos pétalos das filas externas, ton que vai aclarándose cara ao interior da flor, chegando ás veces incluso ao branco. A súa floración comeza a finais de xaneiro e esténdese ata maio.

Jimena Fernández de la Vega, a nova camelia que o Castelo de Soutomaior incorpora ao seu xardín ‘Con nome de muller’Carmela Silva: “É un actode xustiza porque Jimena merece ser recordada. Este é un espazo para honrar, visibilizar é para que as nenas saiban que poden ser todo aquelo que elas queiran ser”

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, puxo en valor a figura e traxectoria de Jimena Fernández de la Vega, “que tamén foi pioneira da igualdade nos dereitos das mulleres”. Recordou a presidenta que “Jimena, xunto coa súa irmá xemelga Elisa, foron as primeiras mulleres licenciadas pola USC no 1919, representando un referente excepcional do que foi a incorporación da muller, por fin, aos estudos universitarios. Elas aportaron moitísimo á ciencia”. Carmela Silva, que lembrou que Jimena e Elisa foron as tías da primeira muller vicepresidenta dun goberno en España, Teresa Fernández de la Vega, sinalou que o feito de que Jimena entre con nome propio neste xardín con Nome de Muller, “é de xustiza porque merece ser recordada, porque este é un espazo para honrar, para visibilizar é para que as nenas saiban que poden ser todo aquelo que elas queiran ser”. A presidenta provincial agradeceu tamén a presenza da responsable da EFA Areeiro, Carmen Salinero, no acto, “porque grazas a ela estamos nun xardín de excelencia internacional e temos todas estas variedades de camelia. Ela terá pronto unha camelia co seu nome porque o merece. Haberá moitas outras mulleres neste xardín, temos o deber de traelas á memoria”.

Carmen Salinero e a presidenta Carmela Silva no xardín Soutomaior e xunto a camelia JImena Fdez´de la Vega

Amais da presentación do novo exemplar, tanto a presidenta como as persoas que participaron na visita caracterizada, seguiron o percorrido polo parque botánico que rodea a Fortaleza, coñeceron as vivencias, anécdotas e algún que outro segredo acaecido neses xardíns contados por María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Emilia LLuria, tres mulleres relacionadas coa historia propia do Castelo. As árbores senlleiras, o xardín francés, as sequoias, o sanatorio, a Fonte da Marquesa, ou os viñedos forman parte desta visita polo escenario testemuña de parte da historia de Galicia.

Jimena Fernández de la Vega, a nova camelia que o Castelo de Soutomaior incorpora ao seu xardín ‘Con nome de muller’

 

As visitas caracterizadas continúan este mes de xuño os días 13, 20 e 27; seguiran en xullo o 7, 14, 21 e 28 e no mes de agosto os dias 4, 11, 18 e 25. Tanto para estas visitas como para as teatralizadas, as prazas se poden reservar e adquirir ao través da web www.castelodesoutomaior.com

- Publicidade -spot_img