spot_img
InicioBaixo MiñoIván Roade e Natalia Sierpes gañadores do IV Trail Muíños do Folón...

Iván Roade e Natalia Sierpes gañadores do IV Trail Muíños do Folón que se disputou no Rosal

Iván Roade e Natalia Sierpes gañadores do IV Trail Muíños do Folón que se disputou no Rosal
Foto: Pablo Saa

Sobre unha distancia de 15 quilómetros, Iván Roade e Natalia Sierpes demostraron ser os mellores nas categorías masculina e feminina da IV Trail Muíños do Folón que se disputou no Rosal

A competición reuniu a máis de 400 participantes e disputouse cun esixente protocolo de medidas de seguridade sanitarias. Foi tamén a primeira carreira das 3 que forman a Pontevedra Trail Ligue.

O IV Trail Muiños do Folón disputouse un escenario emblemático e volveu confirmar a expectación que xera. As prazas dispoñibles esgotáronse en moi pouco tempo. O Concello do Rosal, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra colaboraron directamente coa organización.

Iván Roade, do Adas Proinor, foi o que dominou a proba en todo momento. Demostrou ademais atoparse nun gran momento de forma. Avantaxou en case dez minutos a Rubén Insua, do Sar Vermu Petroni. O terceiro na clasificación final foi Anxo Álvarez, do Cornelios. Ismael Fontán, Miguel Ángel Fernández, Roberto Garrido, Maxi Oubiña, Fernando Bianchi, Francisco Tosar Asorey e Darío Comesaña ocuparon o resto de postos ata o décimo.

Iván Roade e Natalia Sierpes gañadores do IV Trail Muíños do Folón que se disputou no Rosal
Foto: Pablo Saa

Na categoría feminina foi Natalia Sierpes Pereira, do Tribo Trail de Baiona, a que impuxo o seu ritmo na proba. Chegou con gran vantaxe á liña de chegada sobre Sara Varela Espiñeira, a atleta ferrolá. Notei Gómez, do Mais que Auga de Vigo, ocupou unha traballada terceira posición. Superou no sprint a Marisela Fernández, tamén de Vigo. Vitoria Cerqueira, Leticia Trabazos Rodríguez, Ana Barreiro, Pilar Vila, Tania Domínguez e Arantza Domínguez foron os restantes que ocuparon as dez primeiras clasificadas.

Os dous atletas que se poderían considerar como favoritos cumpriron cos prognósticos. Os organizadores tíñanlles preparada unha sorpresa para esta cuarta edición. O percorrido variou nun oitenta por cento en canto ao de anos anteriores. Aínda que non houbo excesivos tramos de dificultade, os 15 quilómetros convertéronse nun esixente exame.

Ademais dos vencedores na categoría sénior, tamén moitos veteranos completaron todo o circuíto. O IV Trail Muíños do Folón tamén supón o inicio oficial e de competición da Pontevedra Trail Ligue. Consta dunha serie de tres probas. A primeira foi no Rosal e xa están convocadas outra en Tui e A Guarda. O atleta máis regular será o vencedor final. En todas as competicións seguirase un estrito control en canto ás medidas de seguridade sanitarias. Neste sentido, os organizadores son pioneiros en aplicar este esixente e coidadoso protocolo.

- Publicidade -spot_img