spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda na procura de mozos e mozas para por en marcha...

A Guarda na procura de mozos e mozas para por en marcha o seu Consello Climático Xuvenil

A Guarda na procura de mozos e mozas para por en marcha o seu Consello Climático XuvenilA implicación directa da mocidade nos problemas ambientais do concello e na súa resolución é chave neste proxecto

Concienciar as mozas e mozos europeos sobre as graves consecuencias do cambio climático para que se convertan en axentes de transformación na procura dun mundo máis sustentable é o obxectivo do proxecto ‘People & Planet: un destino común’

A iniciativa, que botou a andar en novembro de 2020 e se prolongará durante catro anos, busca tamén reforzar aos gobernos municipais na promoción de políticas públicas a prol do desenvolvemento sostible, tendo en conta a interdependencia local-global. O plan está financiado polo programa DEAR da Comisión Europea e involucra a 19 entidades de oito Estados membros e de Cabo Verde.

No marco da Axenda 2030, a través de ‘People & Planet’ os concellos socios do Fondo Galego teñen a oportunidade de implementar numerosas actividades. No caso do Concello da Guarda é un dos concellos responsables da actividade Consello Climático Xuvenil, mediante o cal se pretende crear dito consello entre a mocidade activa e prreocupada polo medio ambiente da vila.

A implicación directa da mocidade nos problemas ambientais do concello e na súa resolución é chave neste proxecto, polo que en maio de 2021 catro municipios porán en marcha cadanseu consello integrado por mozas e mozos de entre 15 e 34 anos que asesorarán ao goberno local nesta materia. Persoal especializado encargarase de dinamizar as xuntanzas mensuais, propoñendo un tema de debate e recollendo ideas sobre estilos de vida sostibles. Representantes destes concellos participarán despois nun campamento de mocidade europea en Portugal para elaborar unha guía ao respecto.

O primeiro encontro terá lugar previsiblemente na segunda quincena de maio, onde tratarán de reflexionar sobre os estilos de vida individuais e colectivos más sostibles, aunando unha visión local e global e elaborando unha guía na que se concreten propostas.

Froito deste primeiro encontro, crearase un documento sobre o cal traballarase nun encontro posterior cos restantes consellos dos demais concellos galegos e os resultados presentaranse aos medios de comunicación e aos representantes políticos.

O obxectivo tamén será por en marcha as propostas que xurdan do traballo no consello climático, no concello da Guarda.

- Publicidade -spot_img