·Publicidade ·spot_img
InicioVal MiñorGondomar'DepoRúARTE' arranca con iniciativas para loitar contra o cambio climático

‘DepoRúARTE’ arranca con iniciativas para loitar contra o cambio climático

'DepoRuarte' arranca con iniciativas para loitar contra o cambio climáticoA Deputación de Pontevedra dá o pistoletazo de saída ao programa “DepoRúARTE” con iniciativas para loitar contra o cambio climático en ata cinco centros educativos da provincia.

“DepoRúARTE polo clima: pensando no 2030” estenderase ata o 2022 e desenvolverase en cinco institutos de secundaria, no IES de Poio,  Gondomar (IES Terra de Turonio), Marín (IES Illa de Tambo) Silleda (IES Pintor Colmeiro) e Soutomaior (IES de Soutomaior).

A primeira sesión terá lugar este mércores, 12 de maio, no IES de Poio, cunha xornada de concienciación ecolóxica que se completará, a finais de mes, coa acción artística nos muros do centro educativo

A primeira parada terá lugar este mércores, 12 de maio, no IES de Poio, cunha xornada de concienciación ecolóxica na que participará un grupo de 16 alumnas e alumnos de 4º de ESO, e completarase, a finais de mes, cunha acción artística nun dos muros do centro. Nela, afondarse sobre a vida submarina a través de dúas sesións. A primeira delas, este mércores, durará aproximadamente tres horas e consistirá nunha actividade de sensibilización sobre a necesidade dunha transición ecolóxica. A segunda sesión, prevista para o 25 de maio e tamén durante tres horas, consistirá na intervención artística colaborativa nun dos muros das instalacións do centro educativo e partindo da temática elixida polo alumnado (vida submarina).

Ao longo destas sesións, no IES de Poio afondarase sobre a importancia dos océanos e a xestión prudente deste recurso para garantir un futuro sustentable. Así, ampliaranse contidos sobre as precipitacións, a auga potable, o clima, o tempo, as costas, a alimentación ou o osíxeno que respiramos. Tamén falarase, entre outras cuestións, sobre o deterioro das augas costeiras debido á contaminación e á acidificación dos océanos e os seus efectos na biodiversidade.

Esta iniciativa da Deputación desenvolverse noutros catro institutos de secundaria de Gondomar, Marín, Silleda e Soutomaior

O programa “DepoRúARTE polo clima: pensando no 2030”, cuxa segunda parada está prevista para este mesmo mes de maio no IES de Soutomaior, desenvolverase ao longo do 2021 y do 2022. Con esta iniciativa a Deputación de Pontevedra pretende impulsar actividades educativas e de lecer que reforcen a conciencia do colectivo xuvenil da provincia, ofrecéndolles un espazo de encontro e de sensibilización sobre o cambio climático e a necesidade de comezar unha transición ecolóxica para garantir unha xestión eficiente do capital natural. Así, a través deste programa, traballaranse temáticas como a vida submarina, os ecosistemas terrestres, a acción polo clima, a produción e consumo responsable e a enerxía non contaminante.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies