Baixo o título de “Vigo, terra e mar”, o Instituto de Estudos Vigueses comezou onte, no Salón-Hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios, unha nova edición do seu Forum.
“A guitarra sempre foi un elemento identificativo da Galiza como a gaita e seguramente é máis antiga que esta”
Esta primeira proposta estivo protagonizada pola intérprete e profesora do Conservatorio Profesional de Santiago e doutora pola USC, Isabel Rey Sanmartín, que ofreceu un concerto comentado en torno ao título “Sons dá guitarra galega en Vigo” e que foi presentado por José Luis Mateo.




