spot_img
InicioVigo e áreaVigoO MARCO expón ata agosto a mostra "Dexesando ser" do artista Daniel...

O MARCO expón ata agosto a mostra “Dexesando ser” do artista Daniel Verbis

o-marco-expon-ata-agosto-a-mostra-dexesando-ser-do-artista-daniel-verbisO Museo de Arte Contemporánea de Vigo exhibe ata o 25 de agosto a mostra “Dexesando ser” do artista Daniel Verbis, comisariada polo director do centro, Miguel Ángel Fernández-Cid. “É unha exposición de arte que “cautiva”, asegurou Abel Caballero no acto de presentación da cita cultural á que convida a participar aos vigueses pola calidade das obras expostas.

Revista Cousas De Nº20

Dende hoxe, os espazos da planta baixa do MARCO ofrecen un percorrido pola obra de Daniel Verbis (León, 1968); unha mostra do seu vigor creativo a través dun conxunto de obras representativas do seu labor artístico e investigador ao longo destes últimos anos.

o-marco-expon-ata-agosto-a-mostra-dexesando-ser-do-artista-daniel-verbis

“Estamos ante unha visión poética, da poesía a través da imaxe artística”, explicou Abel Caballero ao incidir en que a exposición de Daniel Verbis “cuativa e subxuga”,  e é unha mostra máis da capacidade do MARCO para fabricar cultura.

Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca, o seu traballo estivo marcado dende os seus inicios pola experimentación con certos materiais heterodoxos (resinas, plastilinas, botóns, fíos e las, goma, escuma, lonas plásticas, etc.) que tradicionalmente se mantiveran fóra do ámbito das técnicas pictóricas máis tradicionais, por un atrevemento formal que se fixo patente cando a visibilidade do bastidor se converteu nun elemento fundamental das pinturas-obxecto que realizara nos primeiros anos deste século.

o-marco-expon-ata-agosto-a-mostra-dexesando-ser-do-artista-daniel-verbis

Para o Director do MARCO, “Desexando ser alude ao momento no que as obras semellan deterse ante a nosa mirada. Queda patente o gusto de Verbis polo orgánico, polo xogo, polo dobre sentido, polo erotismo, pola orde; a súa capacidade para habitar procesos en transformación e o seu xeito case clásico de rematar os cadros máis recentes, dos facer rotundos pero nada impositivos.”

A exposición, pensada para os espazos da planta baixa do MARCO, quere potenciar as posibilidades que ofrece a súa arquitectura, con teas de grandes dimensións, murais e instalacións de obxectos, creando un itinerario emocional referendado polas colaxes e as obras sobre papel como unha especie de material de arquivo complementario. A súa montaxe e disposición buscan establecer diálogos entre os cadros e as pezas realizadas noutras técnicas, de modo que se perciba que o eixe de todas elas é unha concepción dinámica, orgánica e cambiante da expresión artística; que a pintura é un organismo fisicamente vivo e semanticamente poético, sempre en transformación.

o-marco-expon-ata-agosto-a-mostra-dexesando-ser-do-artista-daniel-verbis

“O meu xeito de abordar a pintura, no plano formal e no plano semántico, é por capas superpostas de rizomas de elementos que se estenden horizontal e verticalmente pola superficie do cadro. Primeiro incorporo eses elementos exóxenos e logo reordénoos para ver que pasa. No plano do lenzo os nódulos de sentido vanse comunicando uns con outros ata crear unha máquina de sentidos múltiples. Non hai un significado senón múltiples significados que se solapan, se substitúen, se complementan, se contradín, se articulan entre eles. Por así dicir, a miña pintura é un lugar de creación de sentido, máis que un lugar onde detallar unha idea preconcibida. Explica Daniel Verbis.

A mostra de Daniel Verbis que reúne unha serie de obras representativas do seu labor artístico e investigadora dos últimos anos, ppderá verse na planta baixa do Museo de Arte Contemporáneo de Vigo ata o 25 de agosto.

o-marco-expon-ata-agosto-a-mostra-dexesando-ser-do-artista-daniel-verbis

- Publicidade -spot_img