spot_img
InicioVigo e áreaVigoIsabel García Tejerina inaugurou en Vigo o acto de celebración do 20...

Isabel García Tejerina inaugurou en Vigo o acto de celebración do 20 Aniversario do Código de Conduta para a Pesca Responsable

Isabel-García-Tejerina-inauguroU-Vigo-acto-celebración-20-Aniversario-Código-Conduta-Pesca-Responsable
A titular de Mar, Rosa Quintana, acompaña á ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, na visita ás instalacións da empresa transformadora de produtos do mar Fandicosta

Isabel García Tejerina inaugurou en Vigo, o acto de celebración do 20 Aniversario do Código de Conduta para a Pesca Responsable, da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), organizado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, xunto coa FAO e Conxemar para pór en valor os avances conseguidos nestas dúas décadas en materia de pesca responsable.

Subliña que a defensa dunha pesca responsable e a loita contra a pesca ilegal, non declarada e non reglamentada é algo irrenunciable

Na súa intervención, García Tejerina mostrou a súa satisfacción por este acto conmemorativo, que contou coa participación de responsables pesqueiros do cinco continentes. Para a ministra, supón “recoñecer que este Código é froito dun consenso mundial e que o seu cumprimento constitúe unha garantía de futuro para a pesca e para os pescadores”. Para García Tejerina, “os recursos pesqueiros non son infinitos e a pesca sustentable é o único camiño para asegurar o porvir do noso sector pesqueiro”.

Isabel-García-Tejerina-inauguroU-Vigo-acto-celebración-20-Aniversario-Código-Conduta-Pesca-Responsable
A titular de Mar, Rosa Quintana, acompaña á ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, na visita ás instalacións da empresa transformadora de produtos do mar Fandicosta

POLÍTICA DE SUSTENTABILIDADE

Segundo lembrou a ministra, o Goberno puxo en marcha unha política pesqueira centrada na sustentabilidade e no desenvolvemento das poboacións costeiras. Trátase, engadiu, “dun cambio importante que contou co respaldo do sector, que mostra a nosa firme vontade a favor da pesca responsable, como elemento capital para garantir a súa viabilidade no tempo”.

Tamén destacou como o Goberno deu maior valor á pesca, mellorando a súa comercialización e a información proporcionada ao consumidor, ademais de potenciar a diversificación pesqueira para engadir valor a esta actividade.

Ao mesmo tempo, García Tejerina sinalou que outra das prioridades para este Goberno foi o cumprimento estrito das normas de control da actividade pesqueira, tanto nacionais, como comunitarias ou internacionais. Así, fíxose un esforzo para integrar e reforzar os sistemas de inspección pesqueira e impulsáronse os mecanismos de control das importacións dos produtos da pesca. “Todo iso co obxectivo de garantir a orixe legal dos produtos pesqueiros que entran no noso mercado”, completou.

LOITA CONTRA A PESCA ILEGAL

Para a ministra, a defensa dunha pesca responsable e a loita contra a pesca ilegal, non declarada e non reglamentada (INDNR) “é algo irrenunciable”. Para combatela, García Tejerina referiuse ás operacións de control da actividade pesqueira SPARROW e SPARROW 2, “dúas operacións sen precedentes pola súa dimensión e envergadura”.

García Tejerina precisou que estas actuacións foron posibles grazas aos cambios introducidos na Lei de Pesca Marítima do Estado, que reforzou a capacidade sancionadora dos incumprimentos en materia de pesca ilegal.

Igualmente, García Tejerina mencionou o apoio do Goberno á creación do Rexistro Mundial de Buques de Pesca, promovido pola FAO, ao que España contribúe de maneira técnica e económica.

Estas actuacións, engadiu a ministra,” permitiron que España sexa hoxe un líder indiscutible en materia de control da pesca ilegal, a nivel comunitario e mundial”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.