Para avaliar as capacidades dos equipos responsables dos 40 proxectos preseleccionados, a aceleradora de empresas VIA VIGO reúne en Porto do Molle a cen persoas nas actividades do Start Up Day.
Para poder avaliar capacidades tales como os graos de innovación, acelerabilidad e invertibilidad dos 40 proxectos empresariais preseleccionados na terceira convocatoria da aceleradora de empresas ViaVigo, así como a solidez dos seus equipos xestores, hoxe desenvolvéronse no Centro de Negocios de Porto do Molle unha serie de dinámicas de grupo baixo a fórmula xa convencional dun Startup Day que, ao longo de todo un día, reuniron a preto dun centenar de persoas que aspiran agora a pasar á fase de Academia.
Mantendo o mesmo formato e as mesmas dinámicas, e dado que nesta terceira edición a aceleradora de empresas promovida polo Consorcio da Zona franca de Vigo e a Xunta de Galicia, conta con dúas sedes nas comarcas de Vigo e Lugo, en ambos os sitios celebraranse estes Startup Day. A data prevista para a sede Lugo é o vindeiro venres día16 de outubro. Dos 40 proxectos seleccionados por cada sede, os 20 que mellor puntúen nesta fase poderán acceder á Academia onde, durante sete semanas recibirán un plan de formación axustado ás súas necesidades.
Á súa vez, da Academia sairán os 15 finalistas que serán premiados cun financiamento de ata 125.000 euros, baixo as modalidades de subvención a fondo perdido, a través da Axencia Galega de Innovación, e de préstamos participativos, outorgados polas sociedades de capital risco Xesgalicia e Vigo Activo.
A través do desenvolvemento de catro dinámicas distintas e participarana en cada unha das probas, un equipo de expertos avaliará distintas habilidades persoais como a capacidade de liderado e comunicación, o grao de complementariedade do equipo, así como a adecuación do proxecto presentado. Estas probas non son coñecidas polos participantes de maneira previa, e vanse explicando ao comezo de cada unha delas.
Por exemplo, a proba bautizada como “A Factoría de ideas” permite avaliar a capacidade creativa dos emprendedores dado que durante tan só 25 minutos e cun material sinxelo como un ferro de cartón, rotuladores, papel e imaxinación, cada concursante ten que desenvolver un produto realmente innovador e que, ademais, sexa viable no mercado.
A partir da valoración de hoxe, os 20 proxectos seleccionados en Vigo iniciarán a Academia o próximo 30 de Outubro, mentres que os 20 que pasen á seguinte fase en Lugo iniciarán a súa formación o 6 de Novembro.
O Programa ViaVigo estrutúrase en 6 FASES:
1. Convocatoria
2. Startup Day | Sedes de Vigo e Lugo
3. Academia | Sedes de Vigo e Lugo
4. Demo Day | Sedes de Vigo e Lugo
5. Aceleradora | Sede de Vigo
6. Investors Day | Sede de Vigo