spot_img
InicioGaliciaTurismo de Galicia e o Eixo Atlántico presentan un estudo do trazado...

Turismo de Galicia e o Eixo Atlántico presentan un estudo do trazado do Camiño Portugués no norte de Portugal

No que vai deste ano 2015 o 17% dos máis de 236 mil peregrinos que recolleron a súa Compostela na Oficina do Peregrino escolleron o Camiño Portugés, sendo esta ruta a segunda máis transitada

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, clausurou hoxe o foro ‘Análise e futuro do Camiño Portugués de Santiago’ celebrado no Reitorado da Universidade do Miño, na cidade portuguesa de Braga.

A xornada tiña como obxectivo presentar o proxecto sobre o “Estudo do trazado do Camiño portugués no norte de Portugal” desenvolvido entre Turismo de Galicia e o Eixo Atlántico ao abeiro do programa europeo Europa 2020.

O obxectivo do estudo, desenvolvido ao abeiro do programa europeo Europa 2020, é afondar na necesidade de establecer un trazado oficial do Camiño no Norte de Portugal cos precisos equipamentos para a acollida aos peregrinos

O obxectivo do dito estudo é afondar na necesidade de establecer, por parte das autoridades lusas, un trazado oficial do Camiño no Norte de Portugal cos precisos equipamentos para a acollida aos peregrinos.

Durante o acto de clausura, a directora de Turismo de Galicia destacou que o Camiño Portugués é un dos produtos estrela que reforzan a unión de Galicia e o Norte de Portugal ao constituír un trazado que transcorre entre os dous territorios ata a súa culminación en Santiago de Compostela.

No que vai deste ano 2015 o 17% dos máis de 236 mil peregrinos que recolleron a súa Compostela na Oficina do Peregrino escolleron o Camiño Portugés, sendo esta ruta a segunda máis transitada

Nava Castro sinalou na súa intervención que a extraordinaria riqueza monumental e paisaxística desta ruta xacobea atrae cada ano a milleiros de peregrinos.

Segundo afirmou, no que vai deste ano 2015 o 17% dos máis de 236 mil peregrinos que recolleron a súa Compostela na Oficina do Peregrino escolleron o Camiño Portugés, sendo esta ruta a segunda máis transitada despois do Camiño Francés.

“En total, no que vai deste ano chegaron a Compostela máis de 39 mil peregrinos pola vertente portuguesa do Camiño, 7.000 más que no mesmo período do pasado ano”, afirmou.

Así mesmo, a responsable de Turismo da Xunta resaltou que Portugal é o terceiro país estranxeiro que máis peregrinos aporta ao Camiño de Santiago.

Plan Director e Estratéxico do Camiño
Por outra parte, a directora de Turismo de Galicia fixo referencia ao Plan Director e Estratéxico do Camiño que dedicará o ano 2018 ao Camiño Portugués.

Neste senso, sinalou as numerosas iniciativas que contempla esta folla de ruta ao abeiro do Camiño Portugués destacando a mellora dos albergues da Rede Pública, o plan de sinalización, a actualización do Catálogo Patrimonial, a xestión eficiente dos residuos, o Plan de Eficiencia Hídrica e Enerxética, a catalogación do Patrimonio Natural ou a implantación do Smart Camiño, entre outras.

- Publicidade -spot_img