spot_img
InicioPontevedra e ÁreaInventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas séculos XVI-XVII

Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas séculos XVI-XVII

Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas séculos XVI-XVIIInventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas séculos XVI-XVII, é o título da exposición organizada polo Consello da Cultura Galega e que vai acoller o claustro do Edificio Sarmiento dende o 12 de novembro ata o 14 de xaneiro. 

Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas séculos XVI-XVII, amosa as consecuencias que a expedición Magalhães/Elcano, que partiu hai 500 anos, tivo para Galicia.

Esta formidable viaxe deu ao vello reino galego unha oportunidade de aproveitar a súa situación nas rutas atlánticas, as vantaxes dos seus portos e a tradición dos seus mariñeiros.

Os Reis Católicos descartaran Galicia como núcleo da Carreira das Indias, pero os poderosos galegos aspiraban a ter parte nese xigantesco negocio. A Casa da Especiaría da Coruña, de onde partiría a segunda expedición para as Illas Molucas e da cal deberían saír as seguintes expedicións para aquelas afastadas terras das especias, tan desexadas polo europeos,  foi un soño breve, pero deu a Galicia un notable protagonismo que tamén se debe celebrar.

*A inauguración terá lugar o martes 12 de novembro ás 18 h. no 2º andar do Edificio Sarmiento

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.