Inicio Pontevedra O Salnés A mostra "Mulleres galegas na historia" reivindica no Grove o papel de...

A mostra “Mulleres galegas na historia” reivindica no Grove o papel de 17 mulleres invisibilizadas

A mostra "Mulleres galegas na historia" reivindicará no Grove o papel de 17 mulleres invisibilizadasA exposición pode visitarse na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey desde o pasado mércores 6 e ata o sábado 30 de novembro

A mostra “Mulleres galegas na historia” chegou á Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey do Grove cun acto de apertura que tivo lugar o pasado mércores 6 de novembro. A exposición, que reivindicará o papel de 17 mulleres invisibilizadas e silenciadas, trátase dun evento itinerante que chega ao Grove tras o seu paso por Silleda, Moaña, Valga, Cuntis, Ponteareas, Tomiño, Baiona, Portas, Vilagarcía de Arousa e Meis. A mostra, que se poderá visitar ata o 30 de novembro, ten un horario de visita que será de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas, e de 16.30 a 23.00 horas.

En liñas xerais, “Mulleres galegas na historia” presenta dez paneis que amosa as biografías e imaxes de dezasete mulleres fundamentais na historia de Galicia en diferentes eidos como a cultura, arte ou política. Deste xeito, a través da mostra preténdese poñer en valor ás mulleres invisibilizadas polo patriarcado que dedicaron a súa vida para o impulso cultural e o progreso social de Galicia.

Máis polo miúdo, na mostra cobrarán protagonismo a soldadeira María Balteira; a nobre Inés de Castro; a líder rebelde María Castaña; as heroínas María Pita e María Soliña; as escritoras, xornalistas e activistas feministas Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán; a escritora Filomena Dato; a bailarina Bella Otero; a mestra e pedagoga Ernestina Otero; a feminista e activista comunista Enriqueta Otero; as pintoras Maruja Mallo, María Antonia Dans e Julia Minguillón; a actriz de cine e teatro María Casares; a escritora e tradutora Xela Arias e a poetisa e escritora Rosalía de Castro.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

- Publicidade -


+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies