spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO Informe ARDAN 2017 constata melloras notables nos indicadores económicos das empreses...

O Informe ARDAN 2017 constata melloras notables nos indicadores económicos das empreses galegas

informe-ardan-2017-constata-melloras-notables-nos-indicadores-economicos-das-empreses-galegas
Susana Lama, Albino Prada, Teresa Pedrosa e Santiago Lago

A delegada do Consorcio de Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, e os economistas Santiago Lago e Albino Prada, presentaron este venres o Informe Ardán 2017, que constata melloras notables na maioría dos parámetros económicos das empresas galegas.

O informe elabórase a partir das contas de 18235 empresas de toda Galicia  e desde onte está dispoñible en ardan.es

A facturación agregada das empresas galegas creceu un 8% respecto das contas presentadas nos rexistros mercantís no exercicio anterior, o valor engadido bruto obtivo un incremento en termos agregados do 9,81%, máis ou menos os ingresos de explotación creceron o 2,90%, o resultado do exercicio rexistrou taxas medias de variación superiores ao 15% e o fluxo neto de caixa fíxoo a un ritmo do 8,12%, estes son algúns dos datos que puxo de relevo a delegada Teresa Pedrosa durante a presentación esta mañá do Informe ARDÁN co que se constatan melloras notables na maioría dos parámetros económicos das empresas galegas.

Na presentación do clásico estudo do tecido empresarial “Informe económico e de competitividade ARDÁN Galicia 2017”, que está dispoñible para a súa consulta libre na páxina web ardan.es, os profesores Santiago Lago e Albino Prada, autores dos capítulos 1 e 10 respectivamente sobre a situación competitiva e desenvolvemento rexional de Galicia tamén constaron ese desenvolvemento positivo da economía galega.

Pola súa banda, Santiago Lago destacou que o ano 2016 foi moi positivo xa que ?en Galicia prolongouse a fase de recuperación tras a Gran Recesión e superouse de novo a barreira de crecemento do 3% do Produto Interior Bruto?. Tamén expuxo que se deron avances e recuperacións, máis ou menos intensas, en factores críticos para a competitividade e o desenvolvemento, como as infraestruturas, as expectativas empresariais, a creación de empresas, o investimento en TIC e a internacionalización das empresas galegas. Con todo “dixo- ?non podemos soslayar os déficits e carencias na I+D+i, os indicadores globais de competitividade (como o RCI que elabora a Comisión Europea) ou o escaso atractivo da economía galega para os investimentos estranxeiros”.

Na súa intervención, Albino Prada dixo que ?nos dous últimos anos Galicia chegou a recortar, e anular o seu negativo diferencial de crecemento en relación á intensa recuperación do conxunto da economía española?. O factor decisivo ha estado na demanda externa, xa que a achega da demanda doméstica galega segue por baixo da media.

Para Prada os datos das empresas de recolleitos en Ardán (de tamaño mediano-grande e máis exportadoras) confirman ese intenso dinamismo pois superan as estimacións globais do INE ou do IGE a nivel sectorial. Datos que coinciden coa moi boa tendencia do comercio exterior ou dos investimentos realizados no estranxeiro.

Nunha pormenorizada exposición, Teresa Pedrosa debullou os principais indicadores que se reflicten neste informe ARDÁN Galicia 2017 que se baseou nas contas anuais de 18.235 empresas con domicilio social en Galicia e das que, ademais, dispóñense dos seus datos correspondentes á serie dos exercicios anuais de 2013, 2014 e 2015 o que posibilita o estudo de tendencias.

O dato de que a facturación total das empresas galegas roldou en 2015 os 75.000 millóns de euros cando, estas mesmas empresas en 2014 facturaron 69.000 millóns de euros o que supón un incremento de aproximadamente o 8% nos ingresos de explotación é un dos indicadores que segundo Teresa Pedrosa constatan a notable mellora na cifra de negocios das empresas galegas.

Respecto da xeración de riqueza destas empresas, a cifra do valor engadido bruto agregado en 2015 foi de 17.361 millóns de euros, o que supuxo, respecto ao ano anterior un incremento, en termos agregados do 9,81%.

Os ingresos de explotación creceron a unha media do 2,90%, o resultado do exercicio rexistrou taxas medias de variación superiores ao 15% e o fluxo neto de caixa fíxoo a un ritmo do 8,12%.

En 2015, a empresa galega, por termos medio xerou riqueza, mediada a través do valor engadido bruto da súa conta de resultados a un ritmo do 3,87%. Esta taxa é notablemente mellor que a de 2014 que se situaba no 2,18%.

A rendibilidade económica rexistrada polas empresas analizadas chegou a un 2,73% de media, o que supón unha mellora respecto ao ano anterior de 0,4 puntos porcentuais. É importante destacar que esta mellora da rendibilidade debeuse ao crecemento dos seus dous compoñentes, tanto a marxe de explotación como a rotación do activo.

A rendibilidade financeira alcanzou en 2015 o 4,21%. En 2014, os rexistros medios das empresas roldaban o 3,25%, polo que se alcanza aproximadamente 1 punto porcentual de incremento.

Para a análise do emprego a base de datos ARDÁN contou co rexistro do emprego total de 16.676 empresas durante os tres anos consecutivos do estudo. No seu conxunto hase visto que estas empresas empregan a un 4,28% máis en 2015 que en 2014, o que significa a creación dun posto de traballo por cada 23 existentes. Segundo o número de empregados, o 74% teñen menos de 10 empregados e o 24% teñen de 10 a 50 traballadores. No seu conxunto estas dúas tipoloxías de empresas empregan ao 44% dos traballadores.

Segundo os distintos sistemas produtivos sectoriais o Téxtil, basicamente copado polas empresas do grupo INDITEX co 26,36% do total, encabeza o ránking do Valor engadido bruto da actividade empresarial. Séguenlle a construción co 10,13%, os servizos profesionais co 9,3% e a automoción e equipo co 8,29%. Aos anteriormente citados engadiriamos Loxística e transporte co 7,88% e a pesca co 5,44%.

Como mostra da boa marcha das empresas galegas, Pedrosa tamén sinalou que segundo os últimos datos manexados creceu o número de empresas que superan os parámetros esixidos para a consecución dos Indicadores ARDÁN en todas as súas categorías. Nesta edición un 8% das empresas analizadas conseguiron un ou máis indicadores ARDÁN.

O informe monográfico desta edición, ?O sector das tecnoloxías en Galicia?, realizado polo cluster das TIC INEO, revela que en Galicia as empresas do sector facturaron 1.400 millóns de euros en 2016, o que supuxo un 2,5% do PIB galego.

O capítulo 11 deste Informe recóllense 26 reportaxes sobre os proxectos da aceleradora de empresas ViaGalicia e do programa Business Factory Auto. Iniciativas postas en marcha polo Consorcio da Zona Franca de Vigo en colaboración coa Consellería de Economía para promover o emprendemento en Galicia. Por estas actividades, este ano o Consorcio recibiu o premio á ?Mellor Administración Pública para Startups 2016″ outorgado pola Comisión da UE.

O INFORME ECONÓMICO E DE COMPETITIVIDADE ARDÁN GALICIA 2017 que analiza a actividade empresarial e o desenvolvemento económico da nosa comunidade autónoma realízao desde fai máis de vinte anos o departamento de Servizos Avanzados do Consorcio da Zona Franca de Vigo e actualmente nel colaboran estreitamente diversas axencias da Xunta de Galicia e grupos de investigación de Universidade de Vigo.

Descarga gratuíta do Informe completo en:  www.ardan.es

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.