Novas investigacións realizadas polo rover Curiosity da NASA en Marte revelaron que nos 5 primeiros centímetros de chan do cráter Gale, en Marte, as condicións ambientais permiten a existencia de auga líquida salgada (salmuera) durante a noite.
Polo día, co aumento da temperatura, as salmueras sécanse, pero á noitiña os sales presentes no chan (percloratos) volven absorber o vapor de auga da atmosfera. Esta é unha das conclusións ás que chegou un estudo internacional liderado por investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) que foi publicado no último número da revista Nature Geoscience.
“A presenza de auga líquida é un feito extremadamente relevante, xa que é un dos requisitos esenciais para que exista vida tal e como a coñecemos. Durante as horas nas que é posible a existencia de auga líquida, as temperaturas en Gale demasiado baixas para o metabolismo e a reprodución celular como se dá actualmente na Terra, pero a posibilidade de que exista auga líquida en Marte ten implicacións enormes para a habitabilidade de todo o planeta, para a súa futura exploración, así como para todos os procesos xeolóxicos que estean relacionados coa auga“, explica o investigador do CSIC Javier Martín-Torres, do Instituto Andaluz de Ciencias da Terra, centro mixto do CSIC e a Universidade de Granada.
A estación REMS inclúe sensores de temperatura e humidade montados no bazo robot de Curiosity. Image Credit NASA/JPL-Caltech/MSSSO achado de salmuera foi posible grazas ao instrumento REMS (Rover Environmental Monitoring Station) integrado no rover Curiosity da misión Mars Science Laboratory da NASA. Os obxectivos da misión inclúen verificar o potencial biolóxico da zona explorada, investigar os procesos planetarios que ocorren na súa superficie e que inflúen na súa habitabilidade, e caracterizar os niveis de radiación que chegan á superficie de Marte e o ciclo da augaA estación meteorolóxica REMS, deseñada en España por investigadores do CSIC, encárgase de monitorizar as condicións ambientais sobre a superficie de Marte. Na medición dos datos analizados neste estudo tamén participou outro instrumento a bordo do Curiosity, DAN (Dynamic Albedo of Neutrons), que mide a hidratación do subsolo.A información analizada foi recompilada durante un ano marciano, que equivale a máis de dous anos terrestres, ao longo do cal o vehículo percorreu máis de 9 quilómetros.
fotos e texto/http://www.nasa.gov/



