spot_img
InicioVigo e áreaO PorriñoInaugurada a exposición fotográfica de Ruth Matilda Anderson no Centro Cultural do...

Inaugurada a exposición fotográfica de Ruth Matilda Anderson no Centro Cultural do Porriño

Inaugurada a exposición fotográfica de Ruth Matilda Anderson no Centro Cultural de PorriñoA exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» se exhibirá no Centro Cultural Municipal do Porriño ata o 2 de xuño.
A Alcaldesa do Porriño, Eva García presidiu hoxe a inauguración da exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» que se exhibirá no Centro Cultural Municipal.
Walter Alvarez , director territorial de “ABanca” e Paloma Vela, coordinadora adxunta de Cultura de “AFundación” asistiron tamén en representación das institucións que trouxeron esta exposición a Porriño.“Como muller e como alcaldesa síntome moi orugullosa de que a nosa cidade acolla esta mostra de fotografía baseada na obra dunha muller pioneira do seu tempo”, dixo Eva García na súa intervención.
A Alcaldesa valorou que “a calidade do traballo vai máis aló das imaxes; reflexou como ningún antes unha Galicia rural e costeira en tempos de depresión, retraso e pobreza”. Nesa misma liña, Paloma Vela, en representación de AFundación sinalou que a mostra “presenta un completo relato documental e antropolóxico da Galicia dos anos vinte” e salientou a capacidade desa xoven neoiorquina “para aprender algo de galego e castelán o que lle facilitou aproximarse ás xentes e que incluso lle franquearán ó acceso as súas casas para reflectir con tanto coidado e empatía a realidade da nosa terra”.
A exposición de fotografías de Ruth Matilda Anderson llegará a O Porriño grazas ao convenio firmado por Abanca, Afundación e o Concello
A exposición, de entrada libre e gratuíta pódese visitar de luns a venres en horario de 8.30 a 20.30 h.
Hoxe coincidindo coa inauguración, unha comitiva de 25 estudantes do IES Pino Manso, de Porriño participaron da primeira visita guíada á mostra. Entre as fotografías seleccionadas para exhibirse en Porriño ocupan un lugar sobranceiro catro imaxes que Anderson tomou na nosa vila e unha delas serve para o cartel anunciador.
Inaugurada a exposición fotográfica de Ruth Matilda Anderson no Centro Cultural de PorriñoEstá alcumada como “Método para carrexar un cesto entre Mondariz e Porriño”. Foi sacada por Ruth matilda Anderson o 12 de septiembre de 1924 e serve ademáis como imaxe do programa de mán da exposición.

A MOSTRA

En agosto do ano 1924 desembarcaba no porto de Vigo, xunto ao seu pai, a fotógrafa investigadora da Hispanic Society de Nova York Ruth Matilda Anderson. Nese preciso intre comezaba a tomar forma unha aventura coidadosamente deseñada.

Archer Milton Huntington fundara en 1904 The Hispanic Society of America, museo, biblioteca pública e institución educativa dedicada á arte e á cultura do mundo hispánico. Huntington determinou que o seu museo incluiría un arquivo fotográfico, considerando a, daquela, incipiente tecnoloxía como ferramenta de traballo para a investigación. Con ese obxectivo adquiriu imaxes e promoveu expedicións. Ningún dos fotógrafos que enviou á península ibérica obtivo mellores resultados que Ruth M. Anderson. Ela realizou en Galicia dúas extensas campañas fotográficas, de 1924 a 1926, acompañada na segunda pola súa colega Frances Spalding, que definiron a metodoloxía fotográfica da Hispanic Society.

O traballo da moza Anderson, dirixido por Huntington, converteuse na procura e recompilación de evidencias dos costumes do pobo galego, dedicándose ao que resultaba máis difícil: documentar a vida das xentes, en especial das zonas de complicado acceso. Ata entón, nin as actividades da poboación traballadora do campo e do mar nin a cultura material de Galicia foran obxecto de principal atención para a fotografía de xeito tan exhaustivo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.