spot_img
InicioBaixo MiñoInauguración en Tui das Xornadas de Traballo sobre o proxecto de Cooperación...

Inauguración en Tui das Xornadas de Traballo sobre o proxecto de Cooperación entre Grupos de Desenvolvemento Rural “Potenciando capacidades en el rural”

inauguracion-tui-das-xornadas-traballo-proxecto-cooperacion-grupos-desenvolvemento-rural-potenciando-capacidades-ruralHoxe no edificio da Área Panorámica de Tui inauguraronse as Xornadas de Traballo sobre o proxecto de Cooperación entre Grupos de Desenvolvemento Rural “Potenciando capacidades en el rural”.
O acto contou coa presenza do alcalde en funcións de Tui, Miguel Ángel Capón Rey, a Presidenta do GDR 14, Sandra González Álvarez, a xefa de sección da Red Rural Nacional, Patricia Martínez Alonso e o xerente da ADR Maiv – Baixo Miño (EU Rural), Marco García.
Neste intercambio participan membros das xuntas directivas e dos equipos técnicos de outros GDR de toda España.
Unha vintena de grupos de desenvolvemento rural de toda a xeografía española, celebran hoxe en Tui, o segundo encontro de traballo organizado pola ADR Maiv – Baixo Miño (EU Rural), no marco da preparación do proxecto “Potenciando Capacidades en el Rural”, co obxectivo de presentalo á candidatura europea dos Proxectos de Cooperación no período 2014-2020, que sairá, probablemente, a final de ano.

O encontro inaugurado hoxe en Tui é o segundo sobre o mesmo tema organizado pola ADR Maiv – Baixo Miño (EU Rural); que pretender liderar a elaboración e aplicación do proxecto, no caso de que este fora aprobado.

Segundo explicou o xerente da ADR Maiv – Baixo Miño (EU Rural), Marco García. A asociación (antigo GDR14) ten a intención de liderar o proxecto “Potenciando Capacidades en el Rural”, e con tal motivo, a Red Rural Nacional (dependente do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente), seleccionou de novo a comarca (a primeira reunión celebrouse en Tomiño) para realizar a reunión de traballo entre os socios do proxecto; asentar as bases da cooperación e definir e concretar os obxectivos da iniciativa; entre os que se atopa o de “crear unha ferramenta que nos permita achegar a todas as persoas do rural en risco de exclusión social e baixo nivel de formación, adquirir as competencias claves, necesarias para obter o certificado de profesionalidade”.

 

- Publicidade -spot_img