
A segunda edición do Festival Arraianos de Tui terá lugar os días 8, 9 e 10 de setembro no casco antigo de Tui.
Esta mañá tivo lugar na Salón de Plenos do Concello de Tui a presentación da segunda edición do Festival Arraianos, que se vai celebrar esta fin de semana na cidade. A presentación correu a cargo do teniente de alcalde do Concello de Tui, Miguel Ángel Capón, da concelleira de Ensino e Cultura, Mª José González, de Andrea Costa e Víctor Pérez Bugarín, da organización do Festival da Cultura Arraiana, e de dous representantes de Hípica Celta, Sergio Pérez e Waskar Yoet Álvarez.
Mercado medieval, receitas de Poniente, torneos, recreacións históricas, visitas teatralizadas, espectáculos, conferencias …e o Survival Zombie Medieval nocturno, como novidade o Concurso de Pinchos e a Carreira medieval en Kaiak “Á Conquista do Miño”
Para o“Banquete da Noite de Curuxas”, banquete medieval con animación, ainda quedan algunas plazas á venda.
O venres ás 21h dará comezo o festival cos apertura do Mercado Arraianos e ás 23h terá lugar o espectáculo inaugural na praza de San Fernando. As actividades, pensadas para todo tipo de persoas, sucederanse durante as xornadas do sábado e do domingo, cando terminará o festival co acto de clausura ás 21.30h na praza de San Fernando e o peche definitivo do Mercado Arraianos ás 23h.
As propostas inclúen novidades como o Torneo Medieval ou a carreira “Á conquista do Miño”, mentres repeten a súa aposta por actividades como o Survival Zombie Medieval ou o banquete na noite do sábado.
Programa
VENRES 8
- 00h – Comeza o Mercado Arraianos con animacións, artesanía e gastronomía (terá un parón dende as 16:00h ata as 19:00h sábado e domingo)
- 00h – Espectáculo inaugural na praza de San Fernando
SÁBADO 9
- Ás 12.00h – Apertura do Mercado Arraianos
- Ás 30h – Carreira medieval en Kaiak “Á Conquista do Miño” con saída dende a praia da Mariña
- Ás 16.00h – Comezo do “Campamento Medieval”
- Ás 19.00h – Desfile Musical Cultural en Colaboración con Lembranzas da Terra de Guillarei. Paseo da Corredoira e Praza de San Fernando
- Ás 20.30h – “Torneo Medieval” na Mariña
- De 21.45h a 00.30h – “Banquete da Noite de Curuxas”. Banquete medieval con animación
- De 23.00h a 7.00h “Survival Zombie Medieval” da WRG.
- 00h – Espectáculo da “Noite de Curuxas” na praza de San Fernando
DOMINGO 10
- 00h – Mercado Arraianos
- 00h – “Campamento Medieval”
- 00h – Conferencia do século XVII sobre o patrimonio e historia da cidade de Tui no cárcere vello. Entrada libre
- 00h – Visitas Teatralizadas
- 30h – “Torneo Medieval” na Mariña
- 30h – Clausura de Arraianos na praza de San Fernando
- 00h – Peche do Mercado Arraianos



