spot_img
InicioBaixo MiñoA III edición do Biomercado achega a Tomiño a súa aposta pola...

A III edición do Biomercado achega a Tomiño a súa aposta pola  biocultura e a alimentación saudable

iii-edicion-do-biomercado-achega-tomino-sua-aposta-pola-biocultura-e-alimentacion-saudableEste domingo 24 de setembro o Concello de Tomiño pon en marcha unha nova edición do Biomercado, no que terán cabida 60 expositores dos que a lo  menos 20 estarán adicados á alimentación saudable.

Os organizadores do  Biomercado, Sandra González, alcaldesa do Concello de Tomiño, Antonio Tartagione, concelleiro de promoción económica e Carlos Rodríguez de Ekohuerta, fixeron a presentación aos medios no mercado de Tomiño.

As diferentes actividades terán lugar na Praza do Seixo, na súa contorna é no mercado. Así mesmo a Casa do Concello albergará diversas charlas e conferencias.

O Biomercado consolida-se como unha cita anual para a posta em valor é dinamización do comércio local, e “supón unha ratificación da aposta do concello polo benestar, a ecoloxía, a biocultura, o mercado de proximidade e a dinamización do mercado local”, subliña a Sandra González

A programación iníciase coa apertura dos postos ás 11h. Ao longo de todo o día desenvolveranse obradoiros relacionados coa cociña é a gastronomía, como a elaboración de almíbares, con Amparo Grandío, extracción de mel por Apícola  Requeira, comida vegana, etc. Ademáis Terán lugar charlas de temas diversos como a Vespa velutina a cargo de Claudio Fraga, minicharlas sobre compra saudable, plantas silvestres, interpretación nutricional da etiquetaxe a cargo de Silvia Méndez, etc.

Simultaneamente haberá actividades lúdicas tales como música en directo, zumba, cociña infantil, maxia, e unha intensa actividade de oferta degustativa.

Unha novidade de molito interese, son as mini charlas na Casa do Concello sobre a lista da compra e técnicas de cociña biosaudables, a etiquetaxe nutricional e o uso das plantas silvestres na alimentación, a cargo da bióloga Silvia Méndez e do experto en agricultura ecolóxica, Sergio Mejide.

O biomercado celebrarase durante o próximo domingo 24 de setembro e a súa programación pódese consultar na web do concello. http://tomino.gal/biomercado-2017/

- Publicidade -spot_img