spot_img
InicioVal MiñorGondomarGondomar traballa nun proxecto de recompilación de fotografías antigas

Gondomar traballa nun proxecto de recompilación de fotografías antigas

Coa colaboración da asociación “O faiado da memoria” con Antonio Caeiro á fronte,  e a concellería de Cultura de Gondomar que dirixe Nuria Lameiro, poñen en marcha un programa de recuperación de fotografías antigas de Gondomar.

Si ben conxuntamente o concello e asociación levan alga máis dun ano neste proxecto, a citada asociación cumpre xa dez anos de traballo exhaustivo na recompilación de fotografías, películas, etc., de Gondomar; por iso é polo que, a concellería de Cultura aproveitase de todo este esforzo de anos que Antonio Caeiro levo a cabo, e xuntos puxesen en marcha este magnífico proxecto, que entre outras cousas consiste en varias exposicións fotográficas unidas dun ciclo de conferencias onde interveñan os propios retratados, a elaboración dun álbum dixital e en papel da recompilación de todo o material
solicitado para goce de todos os que estean interesados.

Franciso Ferreira, alcalde de Gondomar: “… Todos os concellos teñen a obrigación de lembrar e salvagardar a súa historia, recoñecer as súas xentes, a súa toponimia, lugares, etc., pero debemos dar un paso máis e antes de que sexa demasiado tarde, é dicir, falar coas persoas maiores e lembrar a historia xuntos, de aí esta iniciativa que verá a luz o próximo ano”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.