spot_img
InicioBaixo MiñoII Xornada de Degustación de Boleardos en Tui

II Xornada de Degustación de Boleardos en Tui

II Xornada de Degustación de Boleardos en TuiEste sábado celébrase a II Xornada de Degustación de Boleardos. Está organizada pola Asociación San Telmo coa colaboración do Concello de Tui, na que o público poderá saborear esta sobremesa e gozar das actuacións musicais previstas

Revista COUSAS DE Nº15

Este sábado, 26 de novembro, ás 17 h, na praza de San Fernando, ou en caso de choiva no cárcere vello na rúa Sanz, celebrarase a II Xornada de Degustación de Boleardos. Está organizada pola Asociación Cultural, Deportiva, Recreativa e Xuvenil San Telmo de Tui, coa colaboración do Concello de Tui.

As persoas que se acheguen a esta actividade poderán degustar esta sobremesa tradicional de Tui da que a asociación San Telmo garda a receita coma ouro en pano tras recuperala grazas a colaboración de distintas persoas maiores de Tui que lles transmitiron os ingredientes e a elaboración no ano 2014. Precisamente entre as peculiaridades da receita está o uso da fariña de millo pego e de trigo callobre. No ano 2016 realizaron xa unha primeira degustación de boleardos, que volverán levar a cabo este sábado coa colaboración da panadería Xulio para elaborar preto de 300 unidades desta sobremesa. Tamén estarán á venda en bolsiñas de tres unidades.

Non faltará nesta xornada a música tradicional con diferentes actuacións. A primeira delas será a do grupo de baile e pandeireta infantil, Alfándega. Seguidamente, terá lugar a presentación do grupo da asociación Queixumes do Aloia. Finalmente, actuarán os Carrapucheiros e Ferriñas Bravas de O Fiadeiro.  Tamén se proxectará un vídeo elaborado pola asociación no que se recolle todo o proceso dende a plantación do millo até a elaboración dos boleardos.

- Publicidade -spot_img