spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaII Torneo de Xadrez Intercentros de Redondela

II Torneo de Xadrez Intercentros de Redondela

as-grandes-promesas-do-xadrez-danse-cita-este-sabado-nigran-no-vi-torneo-dani-rocha-prolA Alameda Castelao de Redondela acollerá, o vindeiro 20 de maio entre as 9:30 h e as 13:30 horas, o II Torneo de Xadrez Intercentros de Redondela para as categorías de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º da ESO.

Revista COUSAS DE Nº13

O torneo, organizado pola Concellería de Deportes que xestiona Nacho González e coa colaboración do IES Pedro Floriane, disputarase segundo o sistema suizo de 5 rondas.

Disputar un torneo destas características nun espazo público como a Alameda Castelao “contribúe a darlle visibilidade e propiciar que nenos e nenas, que sintan curiosidade polo xadrez, anímense a practicalo”, explica a alcaldesa de Redondela Digna Rivas.

A maiores do torneo en si, o maestro FIDe máis novo da Galicia, Xulio del Prado, dará unha pequena charla ás 13 horas. Cómpre salientar que no pasado 2021, Xulio del Prado completou un extraordinario ano ao proclamarse campión galego absoluto de partidas rápidas, bater ao Rey Enigma e asinar taboas co astro axedrecístico indio Gukesh.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.