O Presidente da Deputación provincial, Rafael Louzán, e a Alcaldesa do Concello de Ribadumia, Salomé Peña, asistirán este domingo ás 18:00 horas á homenaxe de Raúl Alfonsín, o que foi descendente de emigrantes de Ribadumia e chegaría a ser Presidente da República Arxentina de 1983 a 1989.
Esta previsto comezar co descubrimento dun busto coa súa imaxe na entrada da Pousada de Ribadumia e a continuación, ás 18:30 horas visitarase a Pousada e farase un percorrido polas instalacións. Ás 19:00 horas, terá lugar a proxección do vídeo “Visita de Raúl Alfonsín a Ribadumia en 1984” no Auditorio Municipal Santa Baia e para rematar a Agrupación Músico Cultural de Ribadumia ofrecerá o seu espectáculo “Noites de Amor con Lela” que conta coa colaboración da cantante Silvia Ferre e o pianista Alfredo Susavila.
En conmemoración do sexto aniversario da morte do admirable Raúl Alfonsín celebrarase esta homenaxe coa que se pretende manter vivo o seu recordo entre os veciños do Concello.



