spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraHapper's Comet de Tyler Taormina, mellor longometraxe na edición de Novos Cinemas...

Happer’s Comet de Tyler Taormina, mellor longometraxe na edición de Novos Cinemas 2022

Happer's Comet de Tyler Taormina, mellor longometraxe na edición de Novos Cinemas 2022O Xurado Internacional da edición 07 de Novos Cinemas, formado por Julián Génisson, Elena Oroz e Darío Oliveira,  escolleu dar o Premio NOVOS CINEMAS á mellor longametraxe da Sección Oficial ao filme Happer’s Comet de Tyler Taormina “pola súa precisa e poética inmersión na cotiandade durante un tempo único marcado polo illamento e a incerteza.

Cousas de revista nº16

A través dun sobresaliente traballo coa temporalidade, os contrastes lumínicos e sonoros e o tránsito do público ao íntimo, a película ofrece unha experiencia hipnótica marcada polo extrañamiento, como nunha noite de insomnio na que todos os sentidos se agudizan”.

O Xurado Latexos da edición 07 de Novos Cinemas, formado por Albert Triviño, Miguel Ángel Alfonso, Eva Seoane, Manuel Asín e Iria Silvosa,  escolleu dar o Premio NOVOS CINEMAS á mellor longametraxe da Sección Latexos ao filme MISIÓN A MARTE, de Amat Valmajor, “pola súa proposta innovadora, na que consegue trasladarnos da historia familiar máis pura e natural á ciencia ficción máis vándala. Por conseguir sacar adiante un branco e negro en 16mm, no que o gran xoga coa imaxe e por transmitirnos a falta de medo da infancia para levarnos ao surrealismo máis libre e puro”.

O Xurado da Crítica da Edición 07 de Novos Cinemas, formado por Raquel Loredo, Blanca Martínez e Yago Paris, despois do visionado dos filmes a concurso das seccións Latexos e Oficial escolle dar o Premio do XURADO DA CRÍTICA a Happer’s Comet de Tyler Taormina “pola súa aposta radical pola narración visual, a meticulosa contención na súa posta en escena e a tensión transformadora de todo o cotián en misterio”.

O Xurado Novo da Edición 07 de Novos Cinemas, formado por Susana Alba Alonso, Yuri Salgado Álvarez, David Arosa Cerqueiro, Martín Arufe Castro, Iris Rodríguez Justo, despois do visionado dos filmes a concurso e a deliberación decide outorgar o Premio XURADO NOVO á mellor dirección da Sección Oficial a: Sorayos Prapapan, por ARNOLD IS A MODEL STUDENT “por poñer a ironía ao servizo da mensaxe, por ser unha película na que todo suma, onde as personaxes corais son as que marcan o cambio e pola integración de varios formatos de xeito sorprendente e orgánico. O xurado valora positivamente que a trama, sendo local se volva universal, e tamén que transcorra nunha escola porque os cambios sempre parten dende a base”.

O Xurado Novo outorga tamén mención especial, por votación democrática, a Leonardo Mouramateus, por A VIDA SÃO DOIS DIAS, “pola riqueza da súa estutura, que propón unha historia dentro dunha historia, e pola súa dirección de actores, arriscada, fresca e versátil”.

O Premio do Público, que escolle o público do festival a través das súas votacións despois do visionado dos filmes é para A VIDA SÃO DOIS DIAS, de Leonardo Mouramateus. 

- Publicidade -spot_img