Inicio Val Miñor Gondomar Gondomar súmase un ano máis á campaña “En negro contra as...

Gondomar súmase un ano máis á campaña “En negro contra as violencias”

Gondomar súmase un ano máis á campaña “En negro contra as violencias”O concello de Gondomar súmase un ano máis á campaña “En negro contra as violencias” promovendo a implicación dos diferentes axentes sociais e económicos da vila nas actividades que se están organizando con motivo da celebración do día Mundial contra a Violencia de xénero, o próximo 25 N, prestando especial atención ao sector do comercio, como un elemento fundamental de contacto directo coa sociedade.

Por terceiro ano consecutivo o goberno local, a través da concellería de Igualdade, a cargo de Nuria Lameiro, poñerá ao dispor dos establecementos de Gondomar material específico da campaña que permitirá identificar a súa adhesión a ela, así como a súa sensibilización na loita por erradicar a violencia machista da sociedade.

Desta forma a próxima semana, concretamente os días 18, 19 e 20 de novembro, os interesados/ as en participar poderán recoller o material (carteis e mandís) no Centro de Información á Muller (CIM) entre as 09.00 e as 14.00 horas.

O pasado ano un 80% dos comerciantes de Gondomar sumáronse á iniciativa, cifra que desde a Concellería de Igualdade confían incrementar ata o 100% “porque a súa implicación é fundamental ao trasladar e visibilizar de forma moi directa aos seus clientes, no seu día a día, a necesidade de non mirar cara a outra parte ante a violencia machista, de loitar por eliminala das nosas sociedades”, sinala a edil Nuria Lameiro.

A campaña “En negro contra as violencias” xurdiu no 2015, inicialmente como unha proposta municipal, que en Compostela logrou mobilizar entón a preto de 280 establecementos e axentes comerciais do municipio. Esta cifra foise estendendo e sumando á súa causa a concellos de todo o mapa galego, logrando que en 2018 participasen preto de 100 concellos, tres deputacións e máis dun centenar de establecementos.

A adhesión a ela por parte do goberno local de Gondomar súmase ás distintas accións que programará de forma específica con motivo do 25, como a iniciativa de “Camisetas solidarias”, desenvolta xa nos centros escolares do municipio, ou a convocatoria dunha concentración e lectura de manifesto #ante o Concello o propio Día Internacional contra a Violencia de Xénero, entre outras actividades previstas. Gondomar

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies