spot_img
InicioVal MiñorGondomarGondomar reforza con medios propios a loita contra a avespa velutina

Gondomar reforza con medios propios a loita contra a avespa velutina

Gondomar reforza con medios propios a loita contra a avespa velutinaO goberno local entregou tres traxes de protección integral e materiais específicos aos colaboradores que, de forma altruísta, retiran niños desta avespa no municipio ante as longas demoras rexistradas por parte da empresa pública contratada pola Xunta de Galicia par a facerse cargo deste problema.
 
O alcalde, Paco Ferreira, destacou o importante labor que viñeron realizando estes veciños “ ante a falta de resposta eficaz e rápida por parte de goberno galego e a empresa á que paga para que realice este servizo e que incumpre de forma sistemática o prazo de cinco días hábiles establecidos para atender a demanda dos veciños”.
 
Ante esta situación a colaboración de Gondomar concretouse na acción de tres expertos apicultores que de forma desinteresada atendían as chamadas de veciños que
non eran cuber tas polo servizo autonómico do 012 , nos prazos Desde este xoves contarán con traxes de protección integral, luvas e material específico, cedidos polo goberno local, para garantir a súa seguridade en cada intervención que realicen .
 
Así o manifestou o rexedor que estivo acompañado polos concelleiros de Seguridade e Medio ambiente , Jose Manuel Chamorro e Brais misa, respectivamente .
 
E s te último reiterou que é o 012, teléfono da Xunta, ao que deben dirixirse aqueles que localicen un niño de velutinas para solicitar a súa retirada. A petición debe cursarse nun prazo de cinco días hábiles, podendo ser maior cando concorran circunstancias especiais por estar en lugares inaccesibles ou a máis de de 25 metros d e altura.
 
O edil explicou que só no caso de que non se lles atenda pódese pedir axuda ao concello, que elaborou un modelo tipo de solicitude, que se poderá retirar no rexistro municipal ou a través da web. Así mesmo elaborarase un ficheiro de control do s niños retirados por parte do concello.
 
O ano 2019 Gondomar tívose que facer cargo da retirada de 178 niños e no que levamos de 2020 retiráronse 100, cifra que podería aumentar ao ser o período comprendido entre os maio a outubro os de maior actividade desta especie. A velutina supón un risco par a á biodiversidade pois afecta directamente á produción apícola e frutícula ao estar a súa dieta formada por por as abellas e froita. Esta especie invasora non é máis perigosa que a avespa común, pero a súa ex pansión en zonas urbanas ou semiurbanas incrementa o risco de picaduras para as persoas.
- Publicidade -spot_img