Inicio Val Miñor Baiona O Barbeira Season Fest combinará a música indie e a alta gastronomía

O Barbeira Season Fest combinará a música indie e a alta gastronomía

O Barbeira Season Fest combinará a música indie e a alta gastronomía Un dos últimos festivais en celebrarse no verán galego, terá lugar o próximo 19 de setembro na Península de Santa Marta de Baiona

Hoxe presentouse en Baiona o Barbeira Season Fest, que se celebrará o vindeiro sábado 19 de setembro nunha nova localización do municipio, a Península de Santa Marta. Este ano, o festival desprázase do Parador de Baiona e a praia de Barbeira para poder cumprir coas normas de aforo que marcan as autoridades sanitarias.

O festival presentouse hoxe a través dun coloquio conducido pola xornalista Teresa Cuíñas no que participaron o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, a concelleira de Cultura, Miriam Costas, o Brand Manager de Mahou San Miguel en Galicia, Hugo Pérez, o director do festival, Isaac González, o chef Pedro Pérez, de “ Cociña Ourense” e os grupos Basanta e Ortiga. Ademais, a organización do certame convidou a asistir como público á presentación ás 10 primeiras persoas en reservar a súa cadeira. Con esta pequena representación, o festival quixo agradecer a toda a xente que, comprando a súa entrada, segue apoiando e confiando no proxecto nestes tempos de incerteza para o sector.

Durante a charla, o alcalde de Baiona asegurou que “desde o Concello temos un compromiso coas persoas e o apoio a este festival confirma que seguimos traballando nesta liña”. “A cultura en Baiona é un referente histórico que temos que seguir protexendo”, comentou. Ademais, o alcalde afirmou que a celebración deste festival servirá como “pistoletazo á desestacionalización na que vimos trabando”. Pola súa banda Miriam Costas, responsable da área de Cultura do municipio, resaltou a calidade de “refuxio” que ten a cultura e falou do orgullo que representa poder apoiar proxectos como este en momentos tan complicados. Hugo Pérez, Brand Manager de Mahou en Galicia, a principal marca patrocinadora do certame, comentou que “como non podía ser doutra maneira, Mahou está hoxe aquí para demostrar o seu apoio á organización que está a realizar un gran esforzo para adaptarse ao novo contexto. Nestes momentos tan complicados Mahou quere demostrar, agora máis que nunca, o seu compromiso coa música en directo e a súa capacidade para unir persoas e impulsar experiencias únicas e encontros inesquecibles como o que, sen dúbida, será esta segunda edición do Barbeira Season Fest”.

O coloquio derivou despois nunha conversación entre o director do Festival, Isaac González, e os grupos Ortiga, un dos que forman o cartel deste ano, e Basanta, que, tal e como desvelaron, estará o ano que vén. Falaron da importancia de manter vivos estes eventos “para que técnicos, promotores, artistas, etcétera, podamos seguir vivindo”, comentou

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies