spot_img
InicioVal MiñorGondomarGondomar acolle este domingo o Campionato de Galicia de Enduro

Gondomar acolle este domingo o Campionato de Galicia de Enduro

gondomar-acolle-este-domingo-campionato-galicia-enduroOs mellores corredores galegos daranse cita na proba que discorre polo monte Galiñeiro en 5 tramos cronometrados

Este domingo 2 de xullo terá lugar en Gondomar o Campionato de Galicia de Enduro. En total, 130 corredores tomarán a saída para disputar a segunda edición de ‘Serra do Galiñeriro’, única proba puntuable para o Campionato.

Esta tarde tiña lugar a rolda de prensa de presentación da carreira no Concello de Gondomar, con presenza do alcalde do municipio, e con corredores de renome que participarán na proba do domingo, como Óscar Martínez, vencedor da proba en 2016.

Rodrigo Artos, presidente do club +EnduroMTB, organizadores da proba, asegurou: “estamos moi contentos de que nesta segunda edición da carreira dispútese o Campionato de Galicia. O ano pasado fomos proba puntuable do Open de Galicia de Enduro e a carreira foi todo un éxito tanto de participación como as sensacións coas que quedaron os corredores. Este ano moitos repiten, e únense
outros riders de nivel polo que convidamos a todos os afeccionados a que se acheguen ao Galiñeiro a ver competir aos mellores corredores de Galicia. A diversión e a competición están aseguradas. Van estar moi rifados os primeiros postos”.

Na carreira participarán riders de primeiro nivel da nosa Comunidade. Tony Pérez, actual campión de Galicia, tentará revalidar o título na carreira do Galiñeiro. O corredor vigués, dúas veces gañador do Open de España, parte como un dos favoritos. En fronte terá a Óscar Martínez, vencedor da primeira edición de ‘Serra do Galiñeiro’ e actual campión do Open de Galicia. O tudense Rubén Rodríguez tamén terá moito que dicir, vixente campión do Trans Nomad de Pireneos.

A proba consta de 31 quilómetros con 5 tramos cronometrados que completarán unha distancia de 7,6 km. e cun desnivel acumulado de 1.300 metros. O TC1 é un tramo ideal para entrar na carreira. O TC2 con zonas moi fisicas para dar paso ao TC3, unha especial moi divertida, rápida, con moito ?flow?. TC4 é o tramo máis longo e máis técnico de toda a proba, que seguro marcará a diferenza entre os corredores.

E para terminar, o TC5, rápido e de trámite para finalizar a carreira. O primeiro corredor tomará a saída ás 08.30h. desde o campo de fútbol de Vincios cara aos montes do Galiñeiro para disputar este Campionato de Galicia de Enduro. A entrega de premios será ás 14.00h no mesmo punto de saída.

PUMP TRACK
Con motivo da celebración do Campionato de Galicia de Enduro e para achegar o deporte de bicicleta a todos os públicos, na tarde deste sábado día 1 de xuño terá lugar, no campo de fútbol de Vincios, unha competición de Pump Track. Trátase dunha modalidade que se disputa en circuíto e onde os corredores terán que demostrar a súa habilidade ante unha sucesión de saltos sen ter que pedalear. A inercia e os movementos do corpo suplirán ao pedaleo nos 60 metros de trazado.

As mangas clasificatorias darán comezo ás 16.00h. e a manga final disputarase ás
19.00h., seguida da entrega de premios. En total, participarán 40 corredores con idades
desde os 9 anos.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.