Gastronomía, música, deporte e natureza na VIII Festa do Miño de Tui

Gastronomía, música, deporte, natureza… son parte dos ingredientes que terá o sábado, 18 de agosto, a VIII Festa do Miño de Tui.

Un evento que foi presentado esta mañá na casa do concello de Tui polo  alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Deportes, Eduardo Freiría, o músico, Anxo Lorenzo, músico, representantes das asociacións culturais Seixos Albos de Areas,  Lembranzas da Terra de Guillarei, Santiago de Malvas, Laxes de Paramos, Aloia de Pazos de Reis, O Mosteiro de Pexegueiro, Xuntanza de Randufe, San Fins de Rebordáns, Santa Columba de Ribadelouro, Traxe Tradicional de Tui, Espenicelo de San Bartolomé, e San Telmo de Tui.

O río Miño en Caldelas e na rúa Olímpicos Tudense, e a rúa Lugo serán o escenario da VIII Festa do Miño que comezará cunha romaría popular en Caldelas, previa á saída ás 16h do Descenso Popular no que se baterá record de participación con 850 inscritos. Ás 18.30h a cita estará na beira do Miño en Salvaterra, a carón da Ponte Internacional, onde se dará a saída do Descenso Internacional que reunirá a preto de 600 padeeiros que loitarán por facerse coa vitoria nesta proba destacada do calendario galego e levarse o trofeo obra do escultor Juan Oliveira.

Dende ás 20h a cita estará na rúa Lugo coa VIII Festa Gastronómica con 24 postos de comida e 6 de bebida a cargo das asociacións culturais Seixos Albos de Areas,  Lembranzas da Terra de Guillarei, Santiago de Malvas, Laxes de Paramos, Aloia de Pazos de Reis, O Mosteiro de Pexegueiro, Xuntanza de Randufe, San Fins de Rebordáns, Santa Columba de Ribadelouro, Traxe Tradicional de Tui, Espenicelo de San Bartolomé, e San Telmo de Tui. Aos prezos de 1, 2 e 3€ ofrecerán petiscos tradicionais dende empanada de millo, a bocadillos, tortilla, pan de broa, paella, sobremesas caseiras… e coma novidade haberá tamén empanada e sobremesas veganas.

Ás 22.30h Anxo Lorenzo ofrecerá, nas súas propias palabras “un concerto moi especial e único en Galicia” no que interpretará en primicia temas do seu novo traballo “Vortex” , cuxa presentación oficial non será até setembro.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, convidou a asistir á VIII Festa do Miño felicitando ás persoas que hai oito anos tiveron a iniciativa de pór en marcha este evento. No programa deste ano ofértase unha parte gastronómica e unha actividade musical de primeiro nivel. Nese senso referiuse a que Tui estase a converter na capital da música tradicional galega cos concertos que se teñen celebrado dende comezos de ano ao que se sumará o día 18 o de Anxo Lorenzo.

Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura e Deporte, apuntou que na Festa do Miño van da man o deporte, a parte lúdica e a gastronómica, en referencia aos eventos que teñen lugar ao longo da xornada. Tamén sinalou que as asociación culturais tudenses son o gran dinamizador cultural do concello.

VIII Festa do Miño

Data: Sábado, 18 de agosto.

Programa

  • 12.00 h Inicio da VII Romaría Popular na ribeira de Caldelas. Xantar Campestre
  • 16.00 h Saída do VIII Descenso Popular do Miño dende a ribeira de Caldelas.  +info www.kayaktudense.org
  • 18.30 h Saída do XLVII Descenso Internacional do Miño dende Salvaterra
  • 19.30 h Chegada do Descenso Internacional do Miño fronte ás gradas da rúa Olímpicos Tudenses
  • 20.00 h VII Festa Gastronómica na rúa Lugo. 24 postos de comida e bebida
  • 20.30 h Entrega de premios do XLVII Descenso Internacional do Miño
  • 22.30 h Concerto de Anxo Lorenzo Band na rúa Lugo 8 de setembro, de 2018

 

 

 

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies